XXXVIII Carreira Popular Pedestre San Martiño 2014- Inscripción

A XXXVIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día dezaseis de novembro de 2014.

IMPORTANTE:

  • RECOLLIDA PRESENCIAL: NON SE ENTREGARÁN DORSAIS O PROPIO DÍA DA CARREIRA. A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade), dorsais e camisetas é o venres día 14 de novembro de 16h a 20h e o sábado día 15 de novembro de 9h a 20h na Cancha Central do Pavillón dos Remedios.

No mesmo horario terá lugar:

  • Feira do Corredor
  • Entrega de productos non perecedeiros para o Banco de Alimentos
  • Sábado ás 19:00 h: Entrega de premios do Correndo por Ourense.

A ter en conta:

  • Poderás solicitar o envío a un domicilio ou a recollida anticipada do dorsal, chip e camiseta nun lugar cercano á túa casa se te inscribes antes do 31 de outubro.
  • Precio especial chip amarelo San Martiño 2014: 15,00 € (Entregarase co dorsal)
  • Os participantes na SM2014 terán á súa disposición, de xeito gratuito, o parking do Centro Comercial Ponte Vella, a poucos metros da meta.
  • Na saída, é preciso que os corredores se coloquen no lugar que lles corresponde en función da súa marca:
      1. Caixón negro: para os/as atletas que teñan unha marca inferior a 35 minutos (homes) e 40 minutos (mulleres) na carreira do SM2013.
      2. Caixón vermello: para os/as atletas que teñan unha marca entre 35 e 40 minutos na carreira do SM2013.
      3. Caixón amarelo: para os/as atletas que teñan unha marca entre 40 e 48 minutos na carreira do SM2013.
      4. Caixón verde: Popular.

INSCRICIÓN INDIVIDUAL

INSCRICIÓN NAS CARREIRAS ESCOLAR E CATIVOS A TRAVÉS DE COLEXIOS

A organización contactará cos colexios que participaron na pasada edición, para indicarlles o procedemento e as novidades.

Para colexios que pretendan participar por primeira vez, teñen que solicitar no correo: info@deportesourense.com un login e unha contrasinal para acceder á plataforma de inscrición.