O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes aproba o regulamento da X edición do circuito de carreiras populares “Correndo por Ourense”
O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o X Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense
- As seis carreiras previstas (no Vinteún, O Couto, Centro, Zona Universitaria, A Ponte e A Carballeira) pertencen ao calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense)
- As inscricións realizaranse na páxina web carreirasgalegas.com facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición, o que dará dereito á cobertura dos seguros de RC e de accidentes. O prazo para inscribirse comeza o día 14 de marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba
- O concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede, recalca que coa aprobación deste regulamento “imos recuperando pouco a pouco a normalidade deportiva na nosa cidade tralos paróns obrigados pola pandemia, cun circuito de carreiras populares que cada ano ten máis participantes e que se reforza en cada edición”
Ourense, 10 de marzo de 2022.-
Na reunión de hoxe do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes foi aprobado o regulamento da X edición do circuito de carreiras populares “Correndo por Ourense. Consolídase así un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense, que é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.
Así, O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o X Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.
O Circuíto “Correndo por Ourense 2022” está integrado por 6 carreiras:
NÚM. | DATA | NOME |
1ª | DOMINGO 03/04/2022 | CARREIRA DO VINTEÚN |
2ª | SÁBADO 28/05/2022 | CARREIRA DO COUTO (nocturna) |
3ª | SÁBADO 11/06/2022 | CARREIRA DO CENTRO (nocturna) |
4ª | DOMINGO 04/09/2022 | CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA |
5ª | DOMINGO 25/09/2022 | CARREIRA DA PONTE |
6ª | DOMINGO 23/10/2022 | CARREIRA DA CARBALLEIRA |
Estas seis carreiras previstas (no Vinteún, O Couto, Centro, Zona Universitaria, A Ponte e A Carballeira) pertencen ao calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).
O concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede, recalca que coa aprobación deste regulamento “imos recuperando pouco a pouco a normalidade deportiva na nosa cidade tralos paróns obrigados pola pandemia, cun circuito de carreiras populares que cada ano ten máis participantes e que se reforza en cada edición”
As inscricións realizaranse na páxina web carreirasgalegas.com facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición, o que dará dereito á cobertura dos seguros de RC e de accidentes. O prazo para inscribirse comeza o día 14 de marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba. Para entrar na clasificación xeral será preciso que os atletas participen en 5 carreiras. No caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.
No que atinxe aos participantes, as categorías son as seguintes:
CATEGORÍAS | ANO DE NACEMENTO |
PITUFOS | Nados/as en 2015 e posteriores |
SUB10 | Nados/as en 2013 e 2014 |
SUB12 | Nados/as en 2011 e 2012 |
SUB14 | Nados/as en 2009 e 2010 |
SUB16 | Nados/as en 2007 e 2008 |
SUB18 | Nados/as en 2005 e 2006 |
SUB20 | Nados/as en 2003 e 2004 |
SUB23 | Nados/as en 2000, 2001 e 2002 |
SENIOR | Nados/as en 1999 ata máster |
MÁSTER A | De 35 a 44 anos |
MÁSTER B | De 45 a 54 anos |
MÁSTER C | De 55 a 64 anos |
MÁSTER D | Maiores de 65 |
ABSOLUTA |
No que atinxe á clasificación e premios, apuntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na clasificación (diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que teñan menos puntos serán os/as primeiros/as clasificados/as.
Todos/as os/as que estean na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán un agasallo e os/as tres primeiros/as de cada categoría recibirán un trofeo.
- Clasificación Xeral Individual: masculina e feminina.
- 1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 300€ en material deportivo.
- 2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo.
- 3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.
O evento cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.
