Cesión provisional de instalacións deportivas CMD Tempada 2017/2018

Unha vez recollidas as solicitudes para o uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 2017/2018, e previo estudo das mesmas, procédese a publicar o listado provisional das entidades que aportaron a documentación esixida na normativa de concesión de instalacións e o mesmo tempo se require as entidades que non aportaron a documentación preceptiva para que procedan a mellorar a solictude ou ben, subsanar documentación.

A resolución da Xerencia do CMD sobre estos listados provisionais pode descargarse pinchando aquí

1/09/2017 – O día 1 de setembro faise pública a cesión provisional de Instalacións Deportivas Municipais do CMD para a Tempada 2017-18.

Tras realizar o estudo pertinente, e trala aplicación do Artigo 22 do Regulamento de Utilización das lnstalacións Deportivas Municipais e as puntualizacións aprobadas no Consello Reitor, do día 2 de Xuño de 2016, publicase a adxudicación provisional da cesión das instalacións.

Os clubes solicitantes, reflectidos no planning provisional de instalacións deberán cumprimentar o documento de Confirmación/Rexeitamento/Alegacións (ANEXO 1) que deben achegar para continuar o procedemento  que remata na cesión definitiva.

Para  a  presentación  do  nomeado  documento, se concede un prazo de dez días naturais, a contar desde á  publicación en web http://www.deportesourense.com e no taboleiro das dependencias do Consello Municipal de Deportes (Pabellón dos Remedios).

Transcorrido este prazo, a cesión pasará a ser definitiva, e será de aplicación o regulamento en canto a cambios, cumprimento de horarios de uso, e solicitudes extraordinarias.

Adxudicación provisional instalacións CMD 2017-18

rexeitamento-aceptación instalacións_2017

1. ANEXO 2. CAMPUS FÚTBOL 3. CAMPUS POLIDEP 4. CANCHA CENTRAL 5. CARBALLEIRA 6. CIFP CARBALLEIRA 7. EIROÁS 8. FEIRA 9. FERRO COUSELO 13. OIRA F8 12. OIRA F11 14. OIRA POLIDEP 11. O POMPEO 10. MARIÑAMANSA 19. SM1 18. PISCINA 50 17. PISICINA 25 16. REMEDIOS F5 15. REMEDIOS F11 20. SM2 21. SM3 22. STA CRUZ 23. SEIXALBO 24. VELLE