Listaxe provisoria de admitidos e excluídos no procedemento de bolsas a deportistas individuais do ano 2018

EXP.: 346/2018
RESOLUCIÓN PRESIDENCIA LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

Resolución de 18 decembro de 2018, do Presidente do Consello Municipal de Deportes (CMD) pola cal publícase a listaxe provisoria de admitidos e excluídos no procedemento de bolsas a deportistas individuais do ano 2018 convocadas no BOP 245 de 24 de outubro de 2018.

As Bases reguladoras de bolsas a deportistas individuais do Consello Municipal de Deportes (Bop núm. 234 de 10 de outubro de 2018) prevé no seu artigo 5.4 que “mediante resolución da Presidencia do CMD a través do taboleiro de anuncios da sede electrónica do CMD – https://deportesourense.sedelectronica.gal e do Consello Municipal de Deportes– e da páxina web do CMD – www.deportesourense.com – a relación provisional das solicitudes presentadas. En caso de non enmendar a causa de exclusión terase por desistida a solicitude.”

Resolución DECRETO 2018-0108 [RESOLUCIÓN PROVISORIA ADMITIDOS EXCLUIDOS]