MASTERCLASS de TONIFICACIÓN – Xoves, 27 de setembro – 20:00
Estamos en plena Semana Europea do Deporte, do 23 ao 30 de setembro de 2018, e mañá xoves 27 de setembro queremos propoñer desde o CMD unha actividade de portas abertas (ao aire libre), nas pistas exteriores do Pavillón dos Remedios, unha MASTERCLASS de TONIFICACIÓN, impartida por tres dos nosos monitores, Cristina Novoa, Javier Valencia e Nacho Pérez.
A clase empezará ás 20:00 horas e terá unha duración de 45 minutos.
Todos aqueles usuarios e cidadáns que queiran achegarse ata o lugar poderán gozar dun acondicionamento físico intenso e divertido ao aire libre, aproveitando o bo tempo que temos na cidade.