Bases reguladoras e bolsas

Pode ver información relativa á última convocatoria aquí.

  1. É obxecto da presente resolución establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen, na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas, durante o período fixado na convocatoria, e cumpran os requirimentos e obrigas impostos nas presentes bases. Esta liña de axudas consta no plan estratéxico de subvencións do Consello Municipal de Deportes (CMD) en vigor.

Non se considerarán participacións individuais: relevos, participación por equipos/seleccións, nin probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúen simultáneamente máis de un integrante do mesmo equipo.

  1. As axudas serán de dous tipos e contías máximas:
  • De iniciación: destinadas a deportistas menores de 18 anos,
  • De cualificación: destinadas a deportistas maiores de 18 anos (inclusive).
  1. Os criterios de valoración e importes serán os establecidos na táboa do Anexo Estas bases reguladoras publicaranse integramente no BOP de Ourense.

Poderán beneficiarse das bolsas previstas nestas bases reguladoras os deportistas que reúnan os seguintes requisitos na data de publicación do extracto de convocatoria no BOP:

  1. Estar inscrito no padrón municipal de habitantes do Concello de
  2. Dispoñer de licenza en vigor pola Federación Deportiva Galega da modalidade deportiva na que se solicita a axuda. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións deportivas galegas, será considerada a licenza
  3. Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi
  4. Non estar incurso en causa de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
  5. Manter os anteriores requirimentos cando menos ata a data da xustificación da
  6. Certificado do mellor resultado emitido pola secretaría xeral da Federación en cuestión, xunto coa Acta da competición obxecto de valoración, segundo os criterios de valoración reflexados no Anexo I, referido sempre ao período


As axudas serán de dous tipos :

solicitudes e documentación a presentar

  1. As solicitudes presentaranse, no prazo de 1 mes a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro do Consello Municipal de Deportes, Avda. Pardo de Cela núm. 2, en impreso normalizado que se facilitará nas dependencias administrativas do CMD. Tamén se poderá presentar de forma telemática a través da sede electrónica do CMD https://deportesourense.sedelectronica.gal .
  2. Así mesmo, o impreso normalizado de solicitude, atoparase a disposición dos interesados na web do Consello Municipal de Deportes.
  3. Os interesados deberán xuntar coa solicitude a seguinte documentación:
  • Copia do documento nacional de identidade ou do pasaporte, en caso de cidadáns de países da Unión Europea, ou da tarxeta de residente en vigor, en caso de outras
  • Copia da licenza deportiva en vigor
  • No caso dos menores de idade, ademais da fotocopia do seu D.N.I, xuntarase o do pai, o da nai ou do titor, así como fotocopia do libro de familia.
  • Certificado da Federación no que acredite que o solicitante non está cumprido sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave
  • Certificado da Federación Española ou da Federación Galega indicando o mellor resultado, por postos clasificatorios finais, dentro do período subvencionable fixado pola convocatoria, en competicións de carácter oficial, especificando categoría, posto e participación
  • Declaración responsable do solicitante ou do seu representante legal de non estar incurso en algunha das causas de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (segundo o modelo recollido como anexo II das bases)
  • Declaración responsable do solicitante ou do seu representante legal sobre a obtención de outras subvencións ou axudas.

A presentación da solicitude conleva autorización implícita ao CMD para tratar a información persoal e deportiva nas diferentes fases de tramitación.