Bases reguladoras e bolsas

1. É obxecto da presente resolución establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatorias de bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen, na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas, durante a tempada ou anualidade de convocatoria, e cumpran os requirimentos e obrigas impostos nas presentes bases. Esta liña de axudas consta no plan estratéxico de subvencións do Consello Municipal de Deportes (CMD) para o período 2018-2019 aprobado polo Consello Reitor na sesión do 01.03.2018.

Non se considerarán participacións individuais: relevos, participación por equipos/seleccións, nin probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúen simultáneamente máis de un integrante do mesmo equipo.

Para obter máis información véxanse os documento “Bases” e “Anexos e formularios” que se atopa ao final desta páxina. As Bases reguladoras foron publicadas no BOP nº 234 de 10/10/2018.

Poderán beneficiarse das bolsas previstas nesta convocatoria os deportistas individuais que reúnan os seguintes requirimentos:

    • Poderán beneficiarse das bolsas previstas nestas bases reguladoras os deportistas que reúnan os seguintes requisitos na data de publicación do extracto de convocatoria no BOP:

      1. Estar inscrito no padrón municipal de habitantes do Concello de Ourense.

      2. Dispoñer de licenza en vigor por algunha Federación Deportiva Galega. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións deportivas galegas, será considerada a licenza estatal.

      3. Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.

      4. Non estar incurso en causa de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

      5. Manter os anteriores requirimentos canto menos ata a data da xustificación da bolsa.

      6. Certificado do mellor resultado emitido pola secretaría xeral da Federación en cuestión, xunto coa Acta da competición obxecto de valoración, segundo os criterios de valoración reflexados no Anexo I.


As axudas serán de dous tipos :

    • De iniciación: destinadas a deportistas menores de 18 anos,

    • De cualificación: destinadas a deportistas maiores de 18 anos (inclusive).

    Os criterios de valoración recóllense no Anexo I das Bases.

solicitudes e documentación a presentar

1. As solicitudes, que se poden descargar e/ou encher na sede electrónica do CMD, presentaranse no prazo de 1 mes a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro do Consello Municipal de Deportes, Avda. Pardo de Cela núm. 2, en impreso normalizado que se descargará na sede electrónica do consello municipal de deportes https://deportesourense.sedelectronica.gal/. Tamén se poderá presentar de forma telemática a través da sede electrónica do CMD.

2. Os interesados deberán xuntar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do documento nacional de identidade ou do pasaporte, en caso de cidadáns de países da Unión Europea, ou da tarxeta de residente en vigor, en caso de outras nacionalidades.

  • Copia da licenza deportiva en vigor.

  • No caso dos menores de idade, ademais da fotocopia do seu D.N.I, xuntarase o do pai, o da nai ou do titor, así como fotocopia do libro de familia.

  • Certificado da Federación no que acredite que o solicitante non está cumprido sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.

  • Certificado da Federación Española ou da Federación Galega indicando o mellor resultado, por postos clasificatorios finais, da anualidade anterior á data obxecto da convocatoria, en competicións de carácter oficial, especificando categoría, posto e participación individual.

  • Acta da competición, cos resultados obxecto de valoración.

  • Declaración responsable do solicitante ou do seu representante legal de non estar incurso en algunha das causas de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (segundo o modelo recollido como anexo II das bases)

  • Declaración responsable do solicitante ou do seu representante legal sobre a obtención de outras subvencións ou axudas.

A presentación da solicitude conleva autorización implícita ao CMD para tratar a información persoal e deportiva nas diferentes fases de tramitación.

Publicación de Convocatoria 2018 en BOP nº 234 de 10/10/2018