Complexo Polideportivo dos Remedios

Previous Image
Next Image

info heading

info content


  • Avda. Pardo de Cela nº 2 • 32003
  • 988 370 539
  • Luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

A instalación inaugurouse o día 1 de xuño de 1969 co partido de baloncesto correspondente á Final de Copa entre o Real Madrid e o Joventut de Badalona. Desde entón, a actividade deportiva da nosa cidade centrouse nesta instalación, que foi testemuña de grandes xestas deportivas, pero tamén da vida social e cultural de Ourense. O Festival da Canción do Miño pasou do Xardín do Posío a esta cancha e por ela pasaron grandes artistas internacionais, grandes concertos musicais e actividades culturais de toda índole. A nivel deportivo, desde a primeira final de Copa, disputáronse numerosos campionatos internacionais de tódalas categorías e de moi variadas disciplinas deportivas.

O Complexo Deportivo ocupa uns 27.400 m2.


Ver Consello Municipal de Deportes nun mapa máis grande

Dende eiquí pode descargar un arquivo PDF cos horarios de ocupación das distintas instalacións: Descargar horarios de ocupación