IX Circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” 2019

IX Circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” – 2019

Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o IX Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

 

A Comisión Técnica está formada por:

  • Francisco Javier Vázquez Fernández (Colexio Divino Maestro): Carreira do Vinteún.
  • Óscar del Campo Rodríguez (Esprintes Ourense): Carreira de O
  • Ángel Fidalgo Vázquez (Delegación Ourensana de Atletismo): Carreira do
  • Eladio Gómez Rosales (Club Deportivo Aurum): Carreira da Zona
  • José Antonio Álvarez Pérez (Club Ourense Atletismo): Carreira da
  • Arturo Rodríguez Pérez (Asociación de Veciños Carlasca): Carreira da
  • Mario González Rodríguez (Xerente do Consello Municipal de Deportes)
  • Marta Míguez Telle (Coordinadora de deportes do Consello Municipal de Deportes)

O Circuíto “Correndo por Ourense 2019” está integrado por 6 carreiras:

NÚM. DATA NOME
DOMINGO  05/05/2019 CARREIRA DO VINTEÚN
SÁBADO 25/05/2019 CARREIRA DO COUTO (nocturna)
DOMINGO 30/06/2019 CARREIRA DO CENTRO
DOMINGO 08/09/2019 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
DOMINGO 29/09/2019 CARREIRA DA PONTE
DOMINGO 20/10/2019 CARREIRA DA CARBALLEIRA
  • Estas probas pertencen ao calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).
  • En función de diferentes continxencias pode variar algunha destas
  • Para entrar na clasificación xeral será preciso que os atletas participen en 5 No caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

HORARIOS E PERCORRIDOS

CARREIRA DO VINTEÚN DOMINGO 05/05/2019  

11,00h: Pitufos

11,05h: Benxamín, Alevín 11,15h: Infantil e Cadete

11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster

 

Rúa Madre Soledad, Avda. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Avda. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad.

CARREIRA DO COUTO SÁBADO 25/05/2019 22,00h: Pitufos

22,05h: Benxamín, Alevín 22,15h: Infantil e Cadete

22,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster

 

Rúa Dalí, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, rotonda cara Antonio Puga, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Dalí.

CARREIRA DE CORPUS DOMINGO 30/06/2019 11,00h: Pitufos

11,05h: Benxamín, Alevín 11,15h: Infantil e Cadete

11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster

 

Rúa do Paseo, Concello, Xoán XXIII, Progreso, Avda. de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo.

CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA DOMINGO 08/09/2019 11,00h: Pitufos

11,05h: Benxamín, Alevín 11,15h: Infantil e Cadete

11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster

Pista de atletismo, Campus universitario, Casarellas, Bamio, Rabaza, Mende, Ponte Lonia, Villaamil e Castro, Campus universitario (norte), Pista de atletismo.
 

 

CARREIRA DA PONTE DOMINGO 29/09/2019

 

11,00h: Pitufos

11,05h: Benxamín, Alevín 11,15h: Infantil e Cadete

11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster

Saída: Francisca Herrera (12 de Outubro), Avda. de Santiago, Basilio Álvarez (ida e volta), Avda. Caldas, J. Antonio Moretón, Ribeiriño, Avda. Caldas, Mercado, Rosalía de Castro, Vicente Risco (ata a rotonda e volta ata a meta).
CARREIRA DA CARBALLEIRA DOMINGO 20/10/2019 11,00h: Pitufos

11,05h: Benxamín, Alevín 11,15h: Infantil e Cadete

11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster

 

Praza da Lexión, Castelo Ramiro, Hórreo, Paspallás, Salto do Can, Rula, Castelo Ramiro, Praza da Lexión.

CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO
PITUFOS Nados/as en 2012 e posteriores
SUB10 Nados/as en 2010 e 2011
SUB12 Nados/as en 2008 e 2009
SUB14 Nados/as en 2006 e 2007
SUB16 Nados/as en 2004 e 2005
SUB18 Nados/as en 2002 e 2003
SUB20 Nados/as en 2000 e 2001
SUB23 Nados/as en 1997, 1998 e 1999
SENIOR Nados/as en 1996 ata máster
MÁSTER A De 35 a 44 anos
MÁSTER B De 45 a 54 anos
MÁSTER C De 55 a 64 anos
MÁSTER D Maiores de 65
ABSOLUTA

 

INSCRICIÓN

  1. As inscricións realizaranse na páxina web [deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición, o que dará dereito á cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
  2. O prazo para inscribirse comeza o día 20 de marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada carreira.
  3. O límite para as inscricións por equipos poderanse facer ata a data de peche da segunda carreira.
  4. A inscrición no circuíto ten un custe de 7€ (6 carreiras) para as categorías sub18, sub23, senior e máster. Para as demais categorías será gratuíta.
  5. A inscrición e o dorsal son únicos para todo o Circuíto, por tanto, os/as atletas inscritos/as nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos/as para todas as restantes e deben conservar o dorsal en boas condicións. É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal ben visible.
  6. Para as categorías sub18, sub20, sub23, senior e máster é imprescindible que teñan un chip amarelo de Championchip en propiedade (pódese adquirir no procedemento de inscrición). Este chip xa queda en posesión do seu dono para ser utilizado no Circuíto Correndo por Ourense e noutras carreiras que estean cronometradas pola mesma

A recollida presencial dos chips e dorsais realizarase o sábado 4 de maio de 2019 no Pavillón dos Remedios de 10:00h. a 20:00h. Con carácter extraordinario poderase recoller na secretaría da primeira competición na que participe dende 90 minutos ata 30 minutos antes de que empece a primeira carreira.

CLASIFICACIÓN E PREMIOS

  1. A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na clasificación (diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que teñan menos puntos serán os/as primeiros/as clasificados/as.
  2. Todos/as os/as que estén na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán un agasallo e os/as tres primeiros/as de cada categoría recibirán un Na clasificación absoluta haberá 2 modalidades:
  • Clasificación Xeral Individual: masculina e
  • 1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 300€ en material

  • 2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material

  • 3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material

  • Clasificación Equipos mixtos dobres parellas: grupos integrados por 2 homes e 2 Sumaranse os postos dos 4 integrantes e gañará o equipo que menos puntos sume en total.