X Circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” 2022

X Circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” – 2022

Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o X Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

 

A Comisión Técnica está formada por:

  • Mario Guede Fernández (Concelleiro de deportes do CMD)
  • Francisco Javier Vázquez Fernández (Colexio Divino Maestro): Carreira do Vinteún.
  • Óscar del Campo Rodríguez (Esprintes Ourense): Carreira de O Couto.
  • Ángel Fidalgo Vázquez (Delegación Ourensana de Atletismo): Carreira do Centro.
  • Eladio Gómez Rosales (Club Deportivo Aurum): Carreira da Zona Universitaria.
  • José Antonio Álvarez Pérez (Club Ourense Atletismo): Carreira da Ponte.
  • Arturo Rodríguez Pérez (Asociación de Veciños Carlasca): Carreira da Carballeira.
  • Marta Míguez Telle (Coordinadora de deportes do Consello Municipal de Deportes)

O Circuíto “Correndo por Ourense 2022” está integrado por 6 carreiras:

NÚM. DATA NOME
DOMINGO  03/04/2022 CARREIRA DO VINTEÚN
SÁBADO 25/05/2022 CARREIRA DO COUTO (nocturna)
SÁBADO 11/06/2022 CARREIRA DO CENTRO (nocturna)
DOMINGO 04/09/2022 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
DOMINGO 25/09/2022 CARREIRA DA PONTE
DOMINGO 23/10/2022 CARREIRA DA CARBALLEIRA
  • Estas probas pertencen ao calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).
  • En función de diferentes continxencias pode variar algunha destas
  • Para entrar na clasificación xeral será preciso que os atletas participen en 5 No caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

HORARIOS E PERCORRIDOS

CARREIRA DO VINTEÚN

DOMINGO 03/04/2022

11,00h: Pitufos
11,05h: Benxamín, Alevín
11,15h: Infantil e Cadete
11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster
Rúa Madre Soledad, Avda. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Avda. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad.
CARREIRA DO COUTO

SÁBADO

28/05/2022

22,00h: Pitufos
22,05h: Benxamín, Alevín
22,15h: Infantil e Cadete
22,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster
Rúa Dalí, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, rotonda cara Antonio Puga, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Dalí.
CARREIRA DE CORPUS

SÁBADO   11/06/2022

22,00h: Pitufos
22,05h: Benxamín, Alevín
22,15h: Infantil e Cadete
22,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster
Rúa do Paseo, Concello, Xoán XXIII, Progreso, Avda. de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo.
CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA

DOMINGO 04/09/2022

11,00h: Pitufos
11,05h: Benxamín, Alevín
11,15h: Infantil e Cadete
11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster
Pista de atletismo, Campus universitario, Casarellas, Bamio, Rabaza, Mende, Ponte Lonia, Villaamil e Castro, Campus universitario (norte), Pista de atletismo.
CARREIRA DA PONTE

DOMINGO 25/09/2022

11,00h: Pitufos
11,05h: Benxamín, Alevín
11,15h: Infantil e Cadete
11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster
Saída: Francisca Herrera (12 de Outubro), Avda. de Santiago, Basilio Álvarez (ida e volta), Avda. Caldas, J. Antonio Moretón, Ribeiriño, Avda. Caldas, Mercado, Rosalía de Castro, Vicente Risco (ata a rotonda e volta ata a meta).
CARREIRA DA CARBALLEIRA

DOMINGO 23/10/2022

11,00h: Pitufos
11,05h: Benxamín, Alevín
11,15h: Infantil e Cadete
11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster
Praza da Lexión, Castelo Ramiro, Hórreo, Paspallás, Salto do Can, Rula, Castelo Ramiro, Praza da Lexión.
  • Os percorridos por categorías están especificados na información gráfica do Circuíto, pero por necesidades organizativas e/ou de seguridade cidadá poden ser modificados.
  • Ao longo do percorrido, a Organización poderá establecer tantos controis como estime oportunos.
  • Establécese un tempo de corte (peche do circuíto) de 1 hora desde a saída dos e das atletas.
  • É obrigatorio seguir a sinalización e as indicacións marcadas pola Organización.
  • O avituallamento estará situado na meta.

PARTICIPANTES

As categorías son as seguintes:

CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO
PITUFOS Nados/as en 2015 e posteriores
SUB10 Nados/as en 2013 e 2014
SUB12 Nados/as en 2011 e 2012
SUB14 Nados/as en 2009 e 2010
SUB16 Nados/as en 2007 e 2008
SUB18 Nados/as en 2005 e 2006
SUB20 Nados/as en 2003 e 2004
SUB23 Nados/as en 2000, 2001 e 2002
SENIOR Nados/as en 1999 ata máster
MÁSTER A De 35 a 44 anos
MÁSTER B De 45 a 54 anos
MÁSTER C De 55 a 64 anos
MÁSTER D Maiores de 65
ABSOLUTA
  • Para que os Máster non varíen de categoría ao longo do Circuíto establécese a data da primeira carreira do Circuíto para o cálculo das idades.
  • Poderán participar atletas federados e non federados.
  • Deberán atender en todo momento as indicacións da Organización.

INSCRICIÓN

  1. As inscricións realizaranse na páxina web com facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición, o que dará dereito á cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
  2. O prazo para inscribirse comeza o día 14 de marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.
  3. A inscrición no circuíto ten un custe de 7€ (6 carreiras) para as categorías sub20, sub23, senior e máster. Para as demais categorías será gratuíta.
  4. A inscrición e o dorsal con chips integrados, son únicos para todo o Circuíto, por tanto, os/as atletas inscritos/as nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos/as para todas as restantes e deben conservar o dorsal en boas condicións. É obrigatorio levar o dorsal ben visible no peito.
  5. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
  6. No caso de que o corredor perda o Dorsal con chip integrado, entrégaselle un dorsal de incidencias que deberá conservar para o resto de carreiras do circuíto. O atleta deberá facer o pagamento na pasarela de pagos de carreiras galegas antes do mércores anterior a carreira e recollerase na secretaría da competición na que participe dende 90 minutos ata 30 minutos antes da carreira.
  7. Na categoría de pitufos corren sen
  8. A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas, rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR Nº: 351/2019: “REGLAMENTO DE COMPETICIONES”

http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2020124124530.pdf

  1. Aqueles atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba, proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descualificados.
  2. A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA, rexeitará a inscrición dos corredores federados doutras federacións autonómicas que excedan os límites fixados pola RFEA para competicións de ámbito autonómico.
  3. A recollida presencial dos dorsais con Chips integrados realizarase o sábado previo á primeira carreira do Circuíto, no Pavillón dos Remedios, de 10:00h. a 20:00h. Con carácter extraordinario poderase recoller na secretaría da primeira competición na que participe dende 90 minutos ata 30 minutos antes de que empece a primeira proba. Nas seguintes probas recollerase no horario de oficinas no Pavillón dos Remedios.

Ao finalizar o circuíto non será necesaria a devolución do dorsal con chip integrado.

  1. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.
  2. Gravarase a chegada para solventar calquera reclamación.
  3. Todos/as os/as participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes, fotografías e/ou vídeos do evento.

CLASIFICACIÓN E PREMIOS

  1. A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na clasificación (diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que teñan menos puntos serán os/as primeiros/as clasificados/as.
  2. Todos/as os/as que estean na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán un agasallo e os/as tres primeiros/as de cada categoría recibirán un trofeo.
  3. Clasificación Xeral Individual: masculina e feminina.
    • 1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 300€ en material deportivo.
    • 2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo.
    • 3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.
  4. Para poder recoller os premios e os trofeos deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos/das atletas por medio de DNI ou documento legal en vigor.
  5. A entrega de trofeos (19h) e agasallos (de 10 a 20 h) efectuarase no lugar e data  anunciado con antelación suficiente.
  6. Na categoría de Pitufos, todos os participantes que cheguen a meta recibirán un agasallo en cada carreira. Poderanse facer varias quendas de saída, a criterio da Organización, para un mellor desenvolvemento da chegada á meta, a entrega de medallas e a seguridade dos cativos.
  7. Todos os trofeos que non se recollan o día da entrega oficial estarán os 8 días seguintes a disposición dos corredores na sede do organizador. A partir desa data enténdese que se renuncia a eles.
  8. No caso de empate resolverase coa suma de postos na clasificación xeral, resultando gañador o que menos puntuación obtivera. De persistir o empate será o Comisión Técnica do Correndo por Ourense quen decida o criterio para resolvelo.
  9. TODAS AS INCIDENCIAS QUE SURXAN (INSCRICIÓNS, CLASIFICACIÓNS…ETC) RESOLVERANAS OS TÉCNICOS DA FGA