A OMS e o CMD de Ourense recomendan a práctica de actividade e exercicio físico

A OMS E O CMD DE OURENSE RECOMENDAN A PRÁCTICA DE ACTIVIDADE E EXERCICIO FÍSICO

Agora que o Goberno activa a posibilidade de facer deporte ao aire libre é momento de saír, cumprir e respectar as normas establecidas e moverse, moverse moito!

De todos é sabido que a práctica de actividade e exercicio físico, realizados de maneira controlada, reporta múltiples beneficios para a saúde física, mental e social dos individuos. Agora ben, convén lembrar que só unha actividade física adecuada e adaptada á idade e á condición física do practicante, na súa xusta dose e medida, pode reportar eses beneficios.

Por iso, as recomendacións mínimas que establece a Organización Mundial da Saúde (OMS), e que subliñamos desde o Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD) ao respecto son moi claras.

Como referencia para todo/as o/as usuario/as do CMD e cidadáns de Ourense, mostramos, na seguinte táboa, unha adaptación das mesmas