A SAN MARTIÑO EN DIRECTO POR STREAMING E TV

Esteas onde esteas só precisas internet para non perder detalle

A San Martiño 2018 chega con unha importante novidade para tódolos seguidores da carreira.

Streaming SinSonLive

Por primeira vez farase unha cobertura íntegra da carreira, en directo, que será retransmitida por streaming ( https://m.youtube.com/channel/UCPnAJBFYpSUyCWEyCRwPiFg ) a través da canle de youtube da produtora SinSon10k.

Unha cobertura que levará unha cámara a saída, un dron para facer espectaculares planos aéreos, dúas motos en carreira e o despliegue necesario para recoller a chegada dos milleiros de corredores.

E os espectadores que se acheguen a zona da carreira poderán seguir as evolucións da mesma por medio dunha pantalla xigante.

Telemiño

Pola súa banda, a canle ourensá Telemiño (TV y streaming) emitirá un programa en directo desde onde se poderán ver as chegadas e as saídas así como entrevistas a os protagonistas da xornada.