Aberta a inscrición para a San Martiño 2018

XLII CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO – OURENSE 2018

A XLII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 18 de novembro de 2018. A saída desde a Ponte do Milenio terá lugar as 11:00 para a carreira absoluta.

[Acceso ao Regulamento completo la XLII edición] [Acceso a Inscrición]

A plataforma para inscrición xa está aberta desde hoxe (10 de outubro) y pecharase o 11 de novembro (domingo previo a carreira). Importante ter presente que pasado este día non se admitirán novas inscricións.

Como principal novidade desta XLII edición está a incoporación dunha nova carreira, a CARREIRA INCLUSIVA, que sobre unha distacia de 1400 metros terá lugar 13:30 e está reservada para todos os/as nenos/as nados nos anos 2012 (prebenxamín) e posteriores, e persoas con diversidade funcional, podendo ir acompañados dun adulto/acompañante responsable que a ningún efecto se considerará participante.

INSCRICIÓN: Prema na seguinte ligazón Incricións

ADULTOS

  • prazo de inscrición é desde o 10 de outubro ata o 11 de novembro de 2018. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
  • O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 3 de novembro de 2018
  • INSCRICIÓN: Prema na seguinte ligazón https://goo.gl/bNcz9w

cuota de inscrición será de 5€ desde 10 outubro ao 28 de outubro de 2018 e de 7€ desde o 29 ao 11 de novembro de 2018. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

MENORES

  • A inscrición será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores tamén se inscribirán na mesma páxina.
  • O prazo de inscrición para colexios é desde o 10 de outubro ata o 3 de novembro de 2018 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 11 de novembro de 2018.
  • INSCRICIÓN: Prema na seguinte ligazón https://goo.gl/bNcz9w

CANCELACIÓNS

  • Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

RECOLLIDA DE DORSAIS-CHIPS

  • A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 16 de novembro de 16:00h a 20h e o sábado día 17 de novembro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
  • Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
  • Non se entregarán dorsais o día da carreira.
  • recollida anticipada de dorsais-chips (para os inscritos ata o 3 de novembro de 2018) será os días 15, 16 e 17 de novembro de 2018 nos puntos acordados que se anunciarán debidamente.

GARDARROUPA

  • A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas.