Apertura piscina Pedro Escudero

O Vindeiro martes día 2 de Setembro as 15 horas, volverá abrir para os usuarios do Pavillón dos Remedios a Piscina Pedro Escudero despois das reformas efectuadas na mesma.

A piscina Pedro Escudero  pechou como fai habitualmente no mes de Agosto ano tras ano, pero esta vez, aproveitouse este peche para instalar un novo sistema de climatización, xa que os últimos anos o sistema existente  había chegado o fin da sía vida util e a humidade que se rexistraba na piscina era moi alta, co consiguiente deterioro da instalación e o perxuicio para empregados e usuarios que facían uso da mesma. Cabe recordar que por estos problemas de humidade se rexistrara a caida do falso teito.. As obras de reparación supoñen unha inversión aproximada de 140.000 euros e cambia totalmente os sistemas de impulsión e extracción de aire de dita piscina. Tamén se aproveitou este mes de peche da piscina  para cambiar o chan e a zona de duchas do vestiario masculino, colocación de duchas con regulación térmica nos vestiario masculino e femenino e pintado do teito da piscina en un color azul celeste que ofrece mellor vista e mais claridade a piscina.

A apertura realizarase coas obras rematadas pero a espera da posta a punto da máquina climatizadora polo que os primeiros días non se poderá observar o rendemento óptimo da instalación. A necesidade de impartir os cursiños de natación para nenos e adultos e o poder desenvolver as actividades programadas nesta piscina aconsellan a súa apertura, contando que as condicións meteorolóxicas favorables para o control da humidade sin o aporte do novo sistema de climatización.