Aprobada a norma de compensación das cotas dos usuarios de instalacións deportivas municipais

O consello reitor do Consello Municipal de Deportes aproba a norma de compensación das cotas dos usuarios de instalacións deportivas municipais

  • O acordo establece o procedemento administrativo para compensar aos usuarios nos períodos sufragados e non desfrutados mentres dure o peche de instalacións deportivas ou a interrupción de servizos. O obxectivo é que ningún usuario perda o dereito de uso ou desfrute da xa aboado, recuperando estes períodos posteriormente como norma xeral.

  • Ademais, aprobáronse diferentes facturas, ao igual que nas sesións anteriores, para non interromper o proceso de pago a provedores

Ourense, 14 de maio de 2020.-

O Consello Municipal de Deportes, continúa celebrando sesións de Consello Reitor de xeito extraordinario para aprobar asuntos de importancia que non deteñan o funcionamento do Consello Municipal de Deportes. Na sesión de hoxe, que reuniu os concelleiros de todos os partidos representados no Consello, aprobouse a norma de compensación das cotas dos usuarios de instalacións deportivas municipais.

O acordo establece o procedemento administrativo para compensar aos usuarios nos períodos sufragados e non desfrutados mentres dure o peche de instalacións deportivas ou a interrupción de servizos. O obxectivo é que ningún usuario perda o dereito de uso ou desfrute da xa aboado, recuperando estes períodos posteriormente como norma xeral.

Ademais, aprobáronse diferentes facturas, ao igual que nas sesións anteriores, para non interromper o proceso de pago a provedores nesta complicada situación derivada da crise sanitaria do COVID-19.

Por outra banda, aprobáronse convenios coas distintas entidades deportivas, sobre o uso das instalacións desta tempada. No acordo adoitado tívose en conta a interrupción do uso de instalacións para que as entidades non se vexan agraviadas polo uso das instalacións.

Tamén se tratou a apertura das instalacións deportivas, en función da evolución normativa segundo as Ordes do Ministerio de Sanidade e o Consello Superior de Deportes. Haberá unha comisión de seguimento con este motivo formada por concelleiros que conforman o Consello Reitor para tratar este asunto.