A XLII edición da Carreira pedestre popular do San Martiño será a máis inclusiva da historia, coa posta en marcha dun circuíto para persoas con diversidade funcional
[Acceso ao Regulamento completo la XLII edición] [Acceso a Inscrición]
- A proba, que terá lugar o 18 de novembro, a partires das 11:00 horas, chega cargada de novidades como un novo punto de avituallamento e a proxección da carreira nunha pantalla xigante no entorno de Os Remedios.
- “Por primeira vez a carreira está tamén aberta ás persoas con diversidade funcional. Por iso é que falamos dunha carreira inclusiva na que todo o mundo, sen distincións de ningún tipo, está chamado a participar en igualdade de condicións”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
- O prazo de inscrición para participar na XLII San Martiño está aberto até o 11 de novembro a través da páxina web do Concello Municipal de Deportes e a plataforma championchipnorte.com
XLII edición da Carreira Pedestre Popular San Martiño Ourense 2018
A XLII edición da Carreira Pedestre Popular San Martiño Ourense 2018 será a máis inclusiva da súa historia. Por primeira vez a proba incluirá un circuíto, de 1,4 quilómetros, para persoas con diversidade funcional. É a principal novidade dunha edición chea de “estreas”, como a emisión da carreira a través dunha pantalla xigante en Os Remedios, ou cambios nos habituais puntos de avituallamento.
“A San Martiño é a festa do deporte. Unha festa que este ano, por vez primeira, está tamén aberta ás persoas con diversidade funcional. Por iso é que falamos dunha carreira inclusiva: todo o mundo, sen distincións de ningún tipo, está chamado a participar en igualdade de condicións”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación da proba.
O acto contou coa presenza da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes, Mario Guede; Fernando Garza, responsable provincial de Caixabank e Mario González, xerente do Consello Municipal de Deportes. Tamén asistiron representantes das entidades colaboradoras e o deportista que máis veces ten gañado a proba, o atleta Álex Fernández.
A carreira terá lugar o 18 de novembro e contará con catro categorías:
A proba absoluta, para nados até o ano 2001, que terá un percorrido de 10 quilómetros. A saída será ás 11:00 horas.
A proba escolar, para persoas nadas entre os anos 2002 e 2007, terá un percorrido de 4,7 quilómetros e a saída producirase ás 12:30 horas.
O circuíto para cativos, nados entre 2008 e 2011 cun percorrido de 1,4 quilómetros terá a saída ás 13.20.
E a novidosa carreira inclusiva e para nados dende 2012 até a actualidade, cun percorrido de 1,4 quilómetros será ás 13.30 horas. Trátase da primeira carreira inclusiva para persoas con diversidade funcional.
SAN MARTIÑO 2018 (18.novembro)
☝️Se vas a participar na XLII San Martiño revisa que carreira e horario te corresponde en función do teu ano de nacemento.
En especial aos mais pequenos:
???? 13:20 Anos 2008 ao 2011
???? 13:30 Dende o 2012 en adiante pic.twitter.com/RS0pbIFnfP— Ourense CMD – Carreira Popular do San Martiño (@SanMartino2018) 31 de octubre de 2018
A edición de 2018 chega con varias novidades. Ademais da carreira inclusiva, o avituallamento será na rúa Pardo de Cela; varias motos seguirán aos corredores e haberá unha retransmisión en directo, vía streaming, nunha pantalla xigante en Os Remedios. Tamén será unha novidade que o reparto de camisetas entre os escolares farase a través dos seus centros de ensino.
[Acceso ao Regulamento completo la XLII edición] [Acceso a Inscrición]
“A día de hoxe, a máis de dúas semanas para o peche da inscrición, temos xa máis de 5.500 persoas anotadas, polo que andaremos nas cifras doutras edicións: preto dos 12.000 inscritos que dan boa conta da excelente saúde desta proba”, confirmou Jesús Vázquez. O rexedor mostrouse confiado en que “se o tempo acompaña situarémonos nesa cifra que nos converten na carreira homologada de 10 quilómetros máis importante de todo o noroeste peninsular”.
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, coincidiu en resaltar que este ano o San Martiño “será unha proba inclusiva que servirá para demostrar que o Deporte serve para romper barreiras”. “É unha carreira plural na que gañan todos e igualitaria tamén na contía dos premios”, sinalou a secretaria xeral para o Deporte.
O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, destacou a participación de miles de persoas neste evento deportivo; mentres que o responsable provincial de Caixabank (co organizadora) confirmou a aposta da súa entidade neste evento “pola súa transmisión dos valores do esforzo e superación persoal”.
O prazo de inscrición para participar na XLII San Martiño está aberto até o 11 de novembro a través da páxina web do Concello Municipal de Deportes e a plataforma championchipnorte.com. A recollida de chips e dorsais será o venres, 16 de novembro, e o sábado 17 de novembro en Expourense, coincidindo coa celebración de Sportur (o Salón do Deporte e Turismo Activo).
[Acceso ao Regulamento completo la XLII edición] [Acceso a Inscrición]