AVISO: Cambios nas Actividade Dirixidas motivados polas obras de reforma

O vindeiro luns, 25 de novembro suporá o pistoletazo de saída das ansiadas obras de reforma do Pavillón dos Remedios o que motivará unha alteración na actividade diaria da instalación.

As máis de 25 actividades dirixidas que se imparten ao longo da semana impartiranse no vestíbulo do Anexo, no vaso pequeno da piscina Rosario Dueñas, na Cancha Central e na cancha do Anexo segundo caso.

 

Actividades dirixidas 2020

Todo este plan de convivencia obras/servizo foi informado aos usuarios,  o mesmo martes, momento no que se tivo certeza da temporalización da obra de reforma.

A duración estimada desta primeira fase xira en torno a tres meses, ou sexa rondará seu final marzo do 2020.