Bolsas a deportistas individuais 2018

Convocatoria das Bolsas a deportistas individuais 2.018.

Na sesión do Consello Reitor do 4 de outubro de 2.018 aprobouse a convocatoria e as novas bases que rexerán o procedemento de concesión de Bolsas a Deportistas individuais 2.018. Esta convocatoria conta cunha partida de 25.000€ para este fin, provintes dos orzamentos do Consello Municipal de Deportes.

Desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia os interesados poderán achegar a documentación de solicitude, que os inclúa no procedemento, ata un mes despois da publicación da convocatoria.

As novas bases que rexen o procedemento modifican as anteriores que proviñan do ano 2.015. Nestas bases buscase premiar á excelencia deportiva dos deportistas por unha banda, axilizando os trámites da valoración. Isto, permititrá resolver o procedemento dun xeito máis rápido.

Os criterios de valoración diferencian entre:

  • Cualificación, para maiores de 18 anos. Segundo a disciplina deportiva (olímpica ou non) e segundo o resultado da mellor competición do ano, de cumprir os requisitos fixados nas bases, percibirán unha bolsa económica de xeito directo.

  • Iniciación, para menores de 18 anos. Segundo a disciplina (olímpica ou non) e segundo o resultado da mellor competición do ano, de cumprir os requisitos fixados nas bases, percibirán unha bolsa en material deportivo de xeito directo. Se modifica polo tanto a bolsa económica para estes deportistas menores, pois, entenden os técnicos que non resulta positivo que o xoven deportista se acostume ás retribucións económicas pola súa actividade deportiva.

A información sobre o proceso de solicitude estará colgado na web do Consello Municipal de Deportes: www.deportesourense.com, onde poderán descargar as Bases e Anexos da Convocatoria e da Sede electrónica do Consello Municipal de Deportes. As solicitudes poderan descargarse e presentarse nas oficinas do Consello Municipal de Deportes ou na sede electrónica deportesourense.sedeelectronica.gal

Na convocatoria anterior presentaronse 72 solicitudes e destas, foron 64 deportistas que desfrutaron das axudas. Con estas bolsas o Consello Municipal de Deportes e o Concello de Ourense busca darlle cobertura a parte dos gastos derivados da práctica deportiva que os nosos deportistas de nivel, en disciplinas individuais posúen.