Convocatoria campañas solidarias para doazón do Dorsal Solidario da San Martiño 2018

EXP.: 452/2018

ASUNTO: Convocatoria de presentación campañas solidarias para doazón do Dorsal Solidario da XLII Carreira Pedestre do San Martiño 2018.

Primeiro.- O día 13.09.2018, o Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes en sesión ordinaria aprobou o Regulamento da XLII Carreira Pedestre do San Martiño 2018.

Segundo.- No punto 4, do Regulamento aprobado, que se cita literalmente: “ Dorsal Solidario: Os participantes que o desexen poderán facer unha doazón económica en favor dunha causa solidaria. Na pasarela de inscrición terán a posibilidade de efectuar unha doazón, marcando DORSAL SOLIDARIO e no casilleiro indicar o importe que desexan doar. O importe recadado doarase en favor dunha causa humanitaria elexida de xeito motivado polos membros do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes. As asociacións interesadas poderán presentar os seus proxectos solidarios antes do 04 de novembro de 2.018. O Consello Municipal de Deportes dará a publicidade a través das súas redes da campaña na que colabora efectuando un acto público de entrega da doazón.”, contémplase efectúar unha doazón en favor dunha campaña humanitaria entre as solicitantes por decisión dos membros do Consello Reitor.

Terceiro.- As entidades interesadas en presentar unha campaña solidaria deberán facelo a través dunha instancia xeral na sede electrónica do Consello Municipal de Deportes, antes do día 04 de novembro de 2.018. (Sede electrónica: https://deportesourense.sedelectronica.gal).

Cuarto.- As entidades interesadas, xunto coa instancia deberán presentar unha memoria xustificativa na que motiven a idoneidade da súa Acción Humanitaria respecto ó obxecto da Carreira Popular pedestre do San Martiño, tendo en conta a tradición e impacto social do evento. Por outra banda, tamén deberán achegar nun informe o estado económica e aprobación anual das contas por parte dos socios.

Quinto.- Pechado o prazo, os membros do Consello Reitor decidirán en favor de quen efectuar a doazón.