Convocatoria de Bolsas a deportistas individuais

Foi publicada no BOP núm. 243, do 21 de outubro de 2023, un extracto do acordo da convocatoria pública de bolsas deportistas individuais que destaquen, na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas, durante a tempada ou anualidade de convocatoria, e cumpran os requirimentos e obrigas impostos nas presentes bases.

Non se considerarán participacións individuais nas seguintes modalidades: relevos, participación por equipos/seleccións, nin probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúen simultáneamente máis dun integrante do mesmo equipo.

Pode consultar as bases e a convocatoria aquí.

O prazo remata o vindeiro 21 de novembro e pode facer a xestión a través da nosa sede electrónica ou de xeito presencial en horario de rexistro (09:00 a 14:00 horas).