Convocatoria pública do posto de xerente do CMD

Obxecto da convocatoria

É obxecto desta convocatoria a selección de xerente do organismo autónomo Consello Municipal de Deportes Grupo: A1; Escala: Administración especial; Subescala: Técnica; Clase: Superior. As súas funcións serán as establecidas no artigo 17 dos Estatutos do Consello e na ficha de relación de postos de traballo do Concello de Ourense.

Requisitos
Para participar no procedemento selectivo requírese:
Ser español ou de calquera nacionalidade á que as leis outorguen iguais dereitos
Ser maior de idade
Ser funcionario de carreira ou laboral fixo das Administracións públicas, titulado superior, ou profesional do sector privado, titulado superior e con mais de cinco anos de exercicio profesional, neste último caso
Non estar separado ou sancionado con despedimento procedente, nin acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme
Todos os requisitos esixidos anteriormente deberán cumprirse no momento da presentación das solicitudes e conservarse ata o momento da formalización do contrato laboral especial de alta dirección, ou da toma de posesión, caso de ser funcionario.

Presentación de solicitudes
1. As instancias serán dirixidas ao Presidente do Consello Municipal de Deportes de Ourense, e presentaranse no rexistro deste Organismo sito na Av. Pardo de Cela 2 Ourense (32003), ou no Rexistro xeral do Concello de Ourense. Tamén poderán ser presentadas nos lugares establecidos no artigo 2 do Real Decreto 772/1999, do 7 de maio.
2. O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles seguintes ao de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
3. Na instancia, ademais dos requisitos básicos das solicitudes administrativas, deberá conter necesariamente a declaración de reunir todas e cada unha das condicións esixidas para participar nesta convocatoria ao tempo da súa presentación, e curriculum vitae
4. Xunto coa solicitude deberán presentar copia do DNI ou documento equivalente, debidamente validada así como copia, tamén validada, dos documentos xustificativos dos méritos alegados. Todos os méritos deberán estar debidamente acreditados. Os méritos alegados e non probados segundo se indica, non se terán en conta.

Pode ampliar a información consultando as bases que se atopan a continuación: