“Correndo por Ourense” volveu este domingo coa carreira do barrio do Vinteún

  • A seguinte cita será o 28 de maio no barrio do Couto cunha carreira nocturna

Tras dous anos de parón debido á pandemia, o circuíto de carreiras “Correndo por Ourense”, que organiza o Concello de Ourense a través do Consello Municipal de Deportes, volveu ás rúas da cidade. Onte domingo, o barrio do Vinteún acolleu a primeira cita deste circuíto, que tivo unha asistencia de 752 participantes en total.

Enlace ao resultado e fotos da carreira.

Correndo por Ourense” continua o vindeiro 28 de maio, cunha carreira noctura polo barrio do Couto.

Éstas son as seguintes carreiras que faltan deste circuíto “Correndo por Ourense 2022” está integrado por 6 carreiras:

NÚM. DATA NOME
SÁBADO  28/05/2022 CARREIRA DO COUTO (nocturna)
DOMINGO  11/06/2022 CARREIRA DO CENTRO (nocturna)
DOMINGO 04/09/2022 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
DOMINGO  25/09/2022 CARREIRA DA PONTE
DOMINGO  23/10/2022 CARREIRA DA CARBALLEIRA