O Consello Municipal de Deportes, na reunión ordinaria celebrada o 02 de xuño de 2016, tomou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar a publicación dos seguintes criterios de valoración para proceder á asignación de uso das instalacións deportivas municipais:
- Categoría por equipo e nivel de competición. (Ata 40%)
- Antigüidade, no uso dunha instalación deportiva municipal. (Ata 30 %)
- Número de licenzas federativas. (Ata 20 %)
- Criterios Técnicos que favorezan a planificación e xestión das instalacións do CMD. (Ata 10%)
Se terá en conta:- Preferencia para os clubs ou entidades deportivas co domicilio social no Concello de Ourense.
- Non dispoñer de instalacións deportivas propias ou o desfrute doutras instalacións alleas ao CMD.
- Estabilidade no uso das instalación cedidas en tempadas anteriores. Asistencia/antelación de avisos no CMD cando non se usou.
- Os requerimentos e especificacións propias da modalidade deportiva.
- A entrega dos calendarios de competición coa máxima antelación.
- A posibilidade de compartir espazo deportivo.
- Preferencia da actividade deportiva sobre a actividade física.
- Nas fins de semana, priorizarase o uso vinculado con eventos deportivos.
Segundo. O CMD reserva o dereito de asignar un número máximo de equipos por categoría e club e/ou de horas semanais de adestramento dos ditos equipos.
Terceiro. As solicitudes de xeito obrigatorio, deberán vir acompañadas dun proxecto explicativo, que recollerá, a lo menos, cada un dos puntos de valoración expostos anteriormente.