En marcha as obras de reposición do teito da piscina do Pavillón

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou estas mañá as obras de reposición do teito da piscina Rosario Dueñas, do Pavillón dos Remedios, que fora levantado por unha tormenta o pasado 13 de xuño. O alcalde, logo de falar cos técnicos, manifestou que a obra podería estar rematada o vindeiro 14 de xullo.

O temporal, que tivo lugar na tarde do domingo do 13 de xuño, provocou que parte da cuberta da piscina, a que non está protexida do vento polo edificio lindeiro, se levantase. Nun principio prevíase que a reparación puidese levar varios meses, sen embargo, logo de rastrexar o mercado, segundo o alcalde, Pérez Jácome, “parte do persoal eventual, entre eles enxeñeiros, xa estamos mans a obra, e isto estará acabado o 14 de xullo”.

Gonzalo Jácome, amosou a súa satisfacción pola boa marcha das obras, que amais executa unha empresa ourensá e “arranxar este imprevisto nun tempo record”.