Entrega de premios aos centros educativos participantes na San Martiño

Coa entrega de vales de material deportivo aos centros educativos participantes complétase unha exitosa XLII San Martiño

  • “Grazas por facer que a San Martiño Caixabank de Ourense sexa a gran carreira de Galicia. Sodes unha parte moi importante desta proba”, comentoulles o rexedor aos responsables dos 27 centros escolares que alcanzaron un mínimo de 25 deportivas clasificados e que recibiron pola súa participación vales en material deportivo.
  • “Foron máis de 11.000 as persoas inscritas nas diferentes categorías (fronte a 10.958 o pasado ano) e superáronse os 9.000 participantes na carreira” explicou Jesús Vázquez.
  • O rexedor destacou o seguimento da carreira nas redes sociais con máis de 60.000 persoas alcanzadas en Facebook e a publicación de 3.518 fotos que tiveron unha media de 800 visualizacións o que supón máis de 2,8 millóns de impresións das imaxes.

Apenas unha hora despois da rolda de prensa sobre os asuntos da Xunta de Goberno Local, o alcalde Jesús Vázquez, fixo entrega do vales de material deportivo aos centros educativos de Ourense que contaron con máis participantes.

“Grazas por facer que a San Martiño Caixabank de Ourense sexa a gran carreira de Galicia. Sodes unha parte moi importante desta proba xa que o 46% das persoas que participaron eran de centros escolares. Trátase dun éxito comparado con anteriores edicións”, sinalou Jesús Vázquez a os representantes dos centros educativos.

O Concello entregou vales por importan de 1.070 euros aos seis centros de Ourense de Infantil e Primaria que contaron con maior número de participantes.

O Santa Teresita-Carmelitas, recibiu un vale de 300 euros ao contar con 240 corredores clasificados; o CEIP Prácticas, un vale de 250 euros (229 corredores clasificados); María Auxiliadora-Salesianos, 200 euros (177); CEIP Mestre Vide, 150 euros (131); Maristas, 120 euros (116 corredores clasificados) e Luis Vives, 100 euros (93).

Tamén se repartiron vales polo mesmo importe entre os seis centros de Secundaria e Bacharelato con máis corredores clasificados: IES O Couto, vale por importe de 300 euros (188 corredores); IES Blanco Amor, 250 euros (151); María Auxiliadora – Salesianos, 200 euros (106); Padre Feijóo Zorelle, 1509 euros 8103); San José – Josefinas, 120 euros (102) e IES As Lagoas, 100 euros 99 corredores clasificados).

Ademais, fíxose entrega de vales por importe de 120 euros en materia deportivo para os 27 centros educativos que alcanzaron un mínimo de 25 deportistas clasificados.

Jesús Vázquez salienta que a cativada representou o 46% dos participantes na pasada edición da San Martiño Caixabank 2018, una carreira que volveu bater récords

 

A pasada edición da Carreira San Martiño Caixabank volveu bater récords, cun incremento no número de inscritos e no número de participantes que chegaron á meta, con respecto ao pasado ano. Así o destacou este xoves o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, na que deu conta dun informe da Concellería de Deportes en base aos resultados da 42 edición da Carreira Popular de San Martiño.

“Foron máis de 11.000 as persoas inscritas nas diferentes categorías (fronte a 10.958 o pasado ano) e superáronse os 9.000 participantes na carreira” explicou o rexedor. Na súa intervención Vázquez fixo especial fincapé na alta participación de nenos e nenas “que representaron un 46% dos inscritos, o que supón un dato significativo á hora de dimensionar a importancia que ten esta carreira no ámbito escolar”.

O rexedor tamén salientou a repercusión desta carreira a nivel de ocupación na hostalería “que rozou practicamente o 100% da ocupación desa fin de semana”. Pero detívose especialmente na súa espectacular resposta nas redes sociais.

Así, Vázquez Abad explicou que 20.012 persoas viron contidos relacionados coa San Martiño a través da conta de Facebook do Consello Municipal de Deportes;  40.121 viron contidos da carreira a través da conta da San Martiño 2018 e publicáronse un total de 3.518 fotos cunha media de 800 visualizacións e que xeraron 2.800.000 impresións nas que se amosou a imaxe dos patrocinadores e colaboradores.

“En Twitter foron preto de 70.000 impresións desde a publicación do acto de presentación da carreira e en Instagram o número de seguidores do evento foron 1.917”, concluíu o rexedor.