Exhibición Taekwondo no Pavillón dos Remedios, 08 de abril

Con motivo da xira por España do equipo coreano de exhibición, Shin Woo Hoe, cun impresionante currículo: campións no 2012 e 2013 do Campionato Mundial de Exhibición Hanmadang, campións do Campionato de 2013 e 2014 “Copa Misión Nacional”, e campións do Campionato Universitario Beksok 2014, o vindeiro 8 de abril, ás 7 da tarde, no Pavillón dos Remedios, haberá unha exhibición deste equipo coreano e celebrarase o 40º aniversario do Taekwondo en Ourense – Galicia, cunha exhibición conxunta de benvida, realizada por alumnos infantís e cadetes de todos os ximnasios de Taekwondo da provincia.

O Consello Municipal de Deportes quere aproveitar a visita a Galicia do equipo coreano para rendir unha merecida homenaxe ao Maestro Lee e agradecerlle o ser o precursos da implantación do Taekwondo en Ourense