Exposición fotográfica expedición a Mont Blanc

Previous Image
Next Image

info heading

info content


O vindeiro luns día 15 ás 12 horas, na sala de Xuntas do Consello Municipal de Deportes, terá lugar a presentación da exposición fotográfica da Escalada e Alpinismo no Macizo do Mont Blanc. A exposición, que comenzará o mesmo día 15 conta con  unha colección de 40  fotografías relacionadas coa expedición realizada o pasado verán de 2012, por alpinistas do Club Alpino Manzaneda, entre os que se encontraba o ourensán Victor Barro Casal e se poderá ver nas instalacións do Pavillón Municipal dos Remedios. Os alpinistas contaron coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e o patrocinio do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. As fotografias están  realizadas nos Alpes Franceses, nun espazo único e incomprarable do mundo, O Macizo do Mont Blanc. Con elas, se pretende acercar os ourensáns os valores de estos deportes de aventura e fomentar esta disciplina sobre todo entre os mais xóvenes.