FEIRA DO CORREDOR SAN MARTIÑO 2015

A FEIRA DO CORREDOR DA SAN MARTIÑO 2015

A Feira do corredor vai a ser o espazo onde poder desfrutar de novidades expostas nos stands de material deportivo, probas analíticas e biomecánicas, ou alimentación e bebidas para os corredores. Coincidindo no tempo e no espazo, terá lugar a entrega de chips e dorsais a corredores.

Queremos contar con stands de entidades patrocinadoras e colaboradoras especializadas no mundo do running, degustacións de bebidas, mostras de produtos, zona de merchandising, mostras audiovisuais e gráficas, mostra doproductos relacionados coa saúde, para o cal animamos ás empresas para a súa participación, xa que consideramos que é unha boa oportunidade de expoñer os seus produtos nun evento ao que acude unha gran cantidade de xente. Tamén pretendemos contar con proxeccións de vídeos de carreiras, sorpresas, regalos especiais, visita de personalidades e atletas coñecidos, para que sexa un lugar de disfrute e encontro entre os participantes da carreira do San Martiño 2015.

Aqueles que estén interesados en participar na feira do corredor: Empresas, entidades e asociacións, que desexen expoñer os seus produtos relacionados co atletismo deben anotarse a partir do 5 de outubro ata o 3 de novembro, seguindo o procedemento que figura nas bases (ver arquivo relacionado)