I Descenso Popular do Miño 2016

Presentáronse o XLVIII Descenso do Miño e o I Descenso Popular do Miño 2016. Asistiron e interviron, por esta orde:

  1. Jesús Vázquez, alcalde de Ourense.
  2. José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
  3. Julio Masid, director territorial de VIAQUA.
  4. José Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo.
  5. Marta Míguez, coordinadora do Consello Municipal de Deportes de Ourense.
  6. Tono Casteleiro, técnico da Federación de Piragüismo

Presentación

O vindeiro sábado, 18 de xuño de 2016, desde as 16:00 horas, antes da disputa do XLVIII Descenso do Miño, se celebrará o I Descenso Popular do Miño. Partirá de Barra de Miño con destino a Velle.

É preciso ser maior de 18 anos para poder participar. O custe de inscrición é de 7 euros. Se fóse preciso alugar o material (praza de embarcación e material adicional) habería que engadir 5 euros máis. A inscrición pódese realizar no seguinte enlace:

http://www.fegapi.org/index.php/regatas-fegapi/descenso-popular-do-mino-ourense

Para os nenos e nenas de 10 a 17 anos, haberá unhas xornadas de iniciación ao piragüismo, en tres quendas (11H00 / 11H45 / 12H30). O custe desta actividade é de 3 euros a as prazas son limitadas.