I Subida a Montealegre – Novo prazo inscrición e recollida dorsal

ATENCIÓN, NOVIDADES:
1. Ampríase o prazo ata as 23:59 horas do 18 de marzo.
2. Recollida o día da carreira, de 10:00 a 11:00 horas, na saída da proba

Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular. O día 22 de marzo de 2015 o CMD organiza unha novidosa proba denominada I SUBIDA A MONTEALEGRE.

1. DATA E LUGAR

O día 22 de marzo de 2015 ás 11h con saída na rúa Fonte dos Caños (enriba do Cemiterio de San Francisco) e meta na carretera de Montealegre antes da urbanización co mesmo nome e dentro do límite perimetral do Concello de Ourense.

2. PERCORRIDO

A proba contra-reloxo disputarase a pé sobre un percorrido lineal e en subida de 3 km cunha pendente máxima dun 24,9% e a media de 9,4%.

O avituallamento estará situado na meta.

A baixada realizarase a pé polo mesmo trazado e sempre respetando aos corredores que están competindo.

3. PARTICIPANTES

Esta carreira está reservada para todas as persoas maiores de 18 anos, cumpridos antes do día da proba, e que estean inscritos correctamente. A participación está limitada a 400 persoas.

O sistema de saída será individual ou por tandas en función do número de participantes, que estará limitado a 400 persoas.

Todos os atletas no momento da inscrición acreditarán a súa marca nunha proba de 10km en ruta para concretar o caixón de saída que lle corresponde. Esta información aparecerá no seu dorsal.

Deberán atender en todo momento as indicacións da Organización.

4. INSCRICIÓN

As inscricións pódense facer aquí

Prazo de inscrición

Recollida de chip/dorsal

do 24/02/2015 ao 18/03/2015

22/03/2015 recollida presencial o día da carreira, de 10:00 a 11:00 horas, na saída da proba

do 24/02/2015 ao 10/03/2015

18, 19, 20 e 21/03/2015 recollida anticipada no punto seleccionado

Non se entregarán dorsais nin chips o domingo da carreira.

A cota de inscrición será de 7€ con chip de aluguer e 5€ se tes chip en propiedade. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe. Ó remate da carreira é imprescindible devolver o chip de aluguer.

As persoas que desexen adquirir o chip, para usalo en todas as carreiras controladas por ChampionChip, poderán facelo por un importe de 15€.

A Organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue.

É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.

O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados. Gravarase a chegada para solventar calquera reclamación.

Todos os participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes do evento.

É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal á vista para facilitar o control por parte da Organización.

5. CLASIFICACIÓN E PREMIOS

Haberá 3 modalidades:

  • Clasificación Individual 3 tramos de idade por tempo neto: masculina e feminina.

SÚPER

Nados entre 1997 e 1981

Trofeo aos/ás tres primeiros/as

MEGA

Nados entre 1980 e 1961

Trofeo aos/ás tres primeiros/as

PLUS

Nados antes de 1960

Trofeo aos/ás tres primeiros/as

  • Clasificación IndividualAbsoluta por tempo neto: masculina e feminina.

1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo.

2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 150€ en material deportivo.

3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.

  • Clasificación Equipos Mixtos: grupos de 4 integrantes nos que haxa representación de ambos sexos. Sumaranse os tempos netos dos 4 integrantes e gañará o que menos tempo total sume.

Trofeos ó 1º, 2º e 3º

Un corredor non poderá inscribirse en máis dun equipo.

Os integrantes dos equipos tamén optan ás clasificacións individuais.

A entrega de trofeos terá lugar na zona de saída ás 13 h., en función de criterios organizativos.

Todos os trofeos que non se recollan o día da proba estarán a disposición dos corredores na sede do organizador ata 8 días despois da celebración da Subida a Montealegre. A partir desa data enténdese que se renuncia a eles.

Bótalle peito e sube o treito!