Novas tarifas, en breve

O Consello Municipal de Deportes informa de que o proceso de aprobación da nova Ordenanza Fiscal de Prezos Públicos para os servizos e instalacións deportivas municipais está previsto para as próximas datas. Ata ese momento, as taxas aplicables e que están en vigor corresponden á Ordenanza Fiscal número 27, que se aplicou durante todo o ano 2014. Unha vez aprobada a nova ordenanza, os prezos que se aplicarán polo uso dos servizos e das instalacións deportivas municipais serán os que figuren nesta – publicaremos os novos prezos na web no momento en que entre en vigor a ordenanza – .

As taxas ou prezos públicos que se aplicarán en cada momento serán as que correspondan á ordenanza que estea en vigor no instante de facer o pagamento, sen que corresponda o reembolso nin o pago adicional pola diferenza entre os prezos de ambas ordenanzas.

Poden consultar os prezos nas oficinas situadas no Pavillón dos Remedios ou no teléfono 988370539, se ben xa se está informando da opción máis vantaxosa para o usuario ou usuaria no momento de facer os pagos.