240.000€ para a remodelación dás canchas deportivas exteriores do Pavillón dos Remedios

O proxecto buca humanizar o espazo e mellorar a súa integración coa rúa de Pardo de Cela e a capela dos Remedios

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense remodelará as canchas deportivas exteriores do Pavillón dos Remedios cun investimento de 240.000 euros. O Consello Reitor do CMD aprobou por unanimidade na súa xuntanza deste mediodía, celebrada no salón de plenos, o proxecto das obras, que persiguen humanizar a contorna e mellorar a integración do espazo deportivo coa rúa Pardo de Cela e coa capela dos Remedios.

Así, eliminaranse os valados perimetrais que rodean na actualidade esta área deportiva, para conectala directamente coa rúa de Pardo de Cela xerando unha praza con arborado e mobiliario urbano, que lle dará tamén máis permeabilidade á zona e unha maior visibilidade ao edificio principal e á capela.

remedios-exterior-nacho-rego-2021

As canchas deportivas de fútbol sala, baloncesto e voleibol desprazaranse lixeiramente, alonxandose un pouco máis do edificio principal, e incorporarán novo pavimento elástico, acondicionarase unha área de calistenia e se renovará a iluminación para acadar unha maior eficiencia enerxética.