O Consello Municipal de Deportes colabora no proxecto formativo “La Vuelta Junior Cofidis”

La Vuelta Junior Cofidis

O Consello Municipal de Deportes de Ourense está a colaborar nun programa de formación en ciclismo e educación vial baixo a denominación La Vuelta Junior Cofidis.


¿Qué é A Volta Junior Cofidis? A Volta Junior Cofidis é un proxecto pedagóxico impulsado por varias entidades comprometidas co ciclismo: a Asociación de Ciclistas Profesionais, a Fundación Deporte Novo do Consello Superior de Deportes, Unipublic, organizadora da Volta e a financeira Cofidis.

Esta iniciativa celébrase co obxectivo de transmitir aos nenos e nenas participantes os moitos valores que lles achega a práctica do ciclismo, como o compañeirismo, a convivencia, o traballo en equipo, ou hábitos de vida saudables, entre moitos outros. Canalizando a paixón por este deporte e enfocándoa á formación dos máis pequenos.

Con David Abal como monitor da aula, está actividade consta de sete accións formativas en sete centros públicos da cidade. O proxecto arracou no CEIP Mestre Vide e completarase no mes de xuño no CEIP Albino Nuñez.

ACTIVIADES BICICLETAS VUELTA ESCOLAR 2018

Monitor de aula: David Abal

Nº de bicis por centro educativo: 15 cadro pequeno

1ª acción: semana 2 ao 6 de abril.

CEIP Mestre Vide

2ª acción: semana 9 ao 15 de abril.

Colexio Público Irmáns Vilar

3ª acción: semana 16 ao 22 de abril.

CEIP A Inmaculada

4ª acción: semana 1 ao 6 de maio.

Colexio Público Amadeo Rodríguez

5ª acción: semana 7 ao 13 de maio.

CEIP Manuel Sueiro

6ª acción: semana 23 ao 28 de maio.

C.E.I.P. Vistahermosa

7ª acción: semana 30 de maio ao 4 de xuño.

CEIP Albino Nuñez