O luns, 25 de novembro, comezan as obras de mellora do Pavillón dos Remedios

Este luns, 25 de novembro, comezan as obras de mellora do Pavillón dos Remedios

  • Mentres duren os traballos de reforma non se interromperán os servizos deportivos para a cidadanía: trasladarase parte da actual sala de musculación e de halterofilia ao módulo de atletismo.

  • As máis de 25 actividades dirixidas que se imparten ao longo da semana trasladaranse no vestíbulo do Anexo, no vaso pequeno da piscina olímpica ‘Rosario Dueñas’, na Cancha Central e na cancha do Anexo segundo o caso.

Ourense, 22 de novembro de 2019.-

O vindeiro luns, 25 de novembro, comezarán as obras de reforma do Pavillón dos Remedios, logo de asinarse a acta de replanteo o pasado 7 deste mes. Así, o Consello Municipal de Deportes foi oficialmente comunicado por parte do persoal da empresa adxudicataria -Alea- e dos técnicos da Secretaría Xeral para o Deporte do inicio das actuacións da Primeira Fase das obras.

Recreación da nova sala musculación

 Esta primeira fase abrangue o groso da reforma, traballando sobre o vaso da piscina de 25 metros ‘Pedro Escudero’, o soto no que se atopa a sala de musculación e o actual ximnasio. Sobre este espazo colocarase unha nova planta que albergará unha grande sala de musculación con vistas á Ponte Vella, xunto con unha sala de actividades dirixidas.

Na planta 0 emprazaranse os vestiarios masculino e feminino, así como dúas sala máis de actividades dirixidas. No soto está proxectado unha grande sala de halterofilia, dous vestiarios multifuncionais, almacéns e vestiarios para monitores.

Todo quedará conectado por escaleiras e un ascensor de grande capacidade que fará accesible todos os espazos do Pavillón dos Remedios, desde o soto até a grada da cancha central.

Convivencia dos servizos coas obras

O CMD quere influír o menos posible nas actividades dos usuarios que o se prestan nas instalacións do Pavillón dos Remedios, polo que os técnicos estableceron un plan de choque que permita a non interrupción do servizo. O citado plan traslada parte da actual sala de musculación e de halterofilia ao módulo de atletismo.

As máis de 25 actividades dirixidas que se imparten ao longo da semana trasladaranse no vestíbulo do Anexo, no vaso pequeno da piscina olímpica ‘Rosario Dueñas’, na Cancha Central e na cancha do Anexo segundo o caso.

Actividades dirixidas 2020Todo este plan de convivencia obras e servizo foilles informado aos usuarios o propio martes, momento no que se tivo certeza dos tempos da obra de reforma.

A duración estimada desta primeira fase é de tres meses aproximados, e estarán previsiblemente finalizadas cara a marzo do 2020. As obras seguirán as seguintes fases:

– Substitución de soleiras e paramentos verticais da piscina Rosario Dueñas.

– Reforma de circulacións de acceso, entrada principal do edificio, distribuidor central e aseos da entrada.

– Fachadas exteriores tanto de Pardo de Cela como cara á capela dos Remedios.

O Pavillón dos Remedios, edificio que cumpriu 50 anos o pasado mes de xuño, quedará renovado en gran medida, xa que a principios do 2017 xa se fixeran melloras no Anexo cambiando o pavimento e as gradas.