O Pavillón dos Remedios celebra 50 anos de historia con actividades cos clubs da cidade

  • O acto inaugural destas instalacións, o 1 de xuño de 1969, foi a final da Copa de España entre o Joventut de Badalona e o Real Madrid.

  • Cada día acoden 4.500 persoas abonadas ás instalacións, cunha media de 40.000 usos mensuais.

  • O venres 31 ás 20:00 horas celebrarase un acto, na cancha central, para lembrar este aniversario.

Ourense, 29 de maio de 2019.

O pavillón municipal dos Remedios celebra, este 1 de xuño, medio século de historia viva na cidade. Daquela final da Copa de España entre o Joventut de Badalona e o Real Madrid que servía como acto inaugural destas instalacións, xa pasaron 50 anos, e para conmemoralos o deporte ourensán bríndanos esta fin de semana unha intensa axenda de actividades na que participarán moitos dos clubs da cidade que desenvolven a súa práctica deportiva nesas instalacións. O venres ás 20:00 horas celebrarase un acto, na cancha central, para lembrar este aniversario.

“Hoxe o Pavillón dos Remedios é a gran casa do deporte na cidade. Acoden cada día 4.500 persoas abonadas ás instalacións, cunha media de 40.000 usos mensuais”, aseguraba o alcalde de Ourense en funcións, Jesús Vázquez, na presentación das actividades, acompañado de Mario Guede, concelleiro de Deportes en funcións, e de Mario González e Marta Míguez, xerente e coordinadora do Consello Municipal de Deportes, respectivamente.

Estas cifras, dixo Vázquez Abad, “explican a importancia destas instalacións como o gran referente da cidade, polo que xa levan pasado varias xeracións de veciñas e de veciños de Ourense e polo que de seguro pasarán moitas e moitos máis”.

Na rolda de prensa estiveron acompañados polos representantes de diferentes clubs da cidade que desenvolven a súa práctica deportiva no Pavillón dos Remedios.

Actividades, venres 31 de maio

  • 17:30 horas. Módulo de Atletismo. Competición Aberta de Atletismo.

  • 18:00 horas. Piscina Rosario Dueñas. Escolas de natación, salvamento acuático, waterpolo e natación sincronizada.

  • 18:00 horas. Cancha exterior. Inchables para nenos.

  • 18:00 horas. Anexo. Escolas deportivas: ABO, baloncesto feminino e Vólei.

  • 18:00 horas. Cancha central. Xornada de portas abertas de ximnasia.

  • 19:45 horas. Cancha central. Concentración de clubs.

  • 20:00 horas. Cancha central. Acto do 50 aniversario.

  • 20:30 horas. Cancha central. Partido Sala Ourense FS vs. Selección Equipos Federados Ourense

  • 22:00 horas. Canchas exteriores. Música en vivo.

Actividades Sábado 1 de xuño

  • 09:00 horas. Campo de fútbol Miguel Ángel. Torneo Fútbol8 pre-benxamín e iniciación.

  • 09:00 horas. Cancha central. Mostra Escolas deportivas de Ximnasia.

  • 10.00 horas. Cancha central. Escalada.

  • 10:00 horas. Anexo. Escolas de balonmán.

  • 16:00 horas. Anexo. Exames de grao Wu-Shu e Exhibición Selección Galega.

  • 16:00 horas. Cancha central. PlayOff ascenso 1ª división: Cidade das Burgas vs. La Concordia.

  • 18:00 horas. Cancha central. bOurense Envialia FSF vs. Majadahonda FS