Programación deportiva Festas do Corpus 2022

DEPORTES NAS FESTAS DO CORPUS 2022

O deporte nos concellos debe ir dirixido a todos os colectivos sociais, posibilitando a práctica de actividades físicas, recreativas, deporte de rendemento nun entorno educativo, saudable e seguro.
Desde hai moitos anos Ourense ten unha ampla tradición deportiva e iso vese constantemente na participación nos diferentes eventos deportivos ou na asistencia constante a instalacións para practicar diversas disciplinas.
O deporte é saúde pero tamén convivencia, constancia e traballo. A cidadanía de Ourense coa súa práctica deportiva demostra, día a día, que eses valores son constantemente postos en práctica.
É unha aposta constante desta Concellería mellorar e crear novas instalacións deportivas, ademais de fortalecer e apoiar aos clubs deportivos para que teñan máis capacidade. Porque os clubs xunto coa cidadanía de Ourense son a verdadeira forza do deporte nesta cidade.
Non quero rematar sen dar grazas a todas as persoas que colaboran en beneficio do deporte nesta nosa cidade. E como participantes ou espectadores, animo a todo o mundo a desfrutar da festa do deporte nestes dias de Corpus.
Mario Guede
Concelleiro de Deportes. Concello de Ourense