Regulamento da XLIII Carreira do San Martiño 2019

XLIII CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO – OURENSE 2019

A XLIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 17 de novembro de 2019. A saída desde a Ponte do Milenio terá lugar as 11:00 para a carreira absoluta.

[Acceso ao Regulamento completo la XLIII edición]

[Acceso a Inscrición]

[Descarga do tríptico informativo da XLIII edición]

O prazo de inscrición é desde o 18 de outubro ata o 10 de novembro. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún/ha corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.

O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 2 de novembro de 2019.

A XLIII edición volve a contar cunha CARREIRA INCLUSIVA que, sobre unha distancia de 1400 metros, terá lugar 13:30 e está reservada para todos/as os/as nenos/as nados nos anos 2012 e posteriores, e persoas con diversidade funcional, podendo ir acompañados/as dun/ha acompañante responsable (necesariamente unha persoa adulta), que a ningún efecto se considerará participante.

ADULTOS

  • prazo de inscrición remata o 10 de novembro de 2019.
  • O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 2 de novembro de 2019

A cuota de inscrición será de 5€ desde o día que se publicite pola Organización ata o 27 de outubro de 2019 e de 7€ desde o 28 ao 10 de novembro de Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

MENORES

  • A inscrición será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores tamén se inscribirán na mesma páxina.
  • O prazo de inscrición para colexios remata o 2 de novembro de 2019 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 10 de novembro de 2019.

CANCELACIÓNS

  • Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

RECOLLIDA DE DORSAIS-CHIPS

  • A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 15 de novembro de 16:00h a 20:00h e o sábado día 16 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
  • Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
  • Non se entregarán dorsais o día da carreira.
  • A recollida anticipada de dorsais-chips (para os/as inscritos/as ata o 2 de novembro de 2019) será os días 14, 15 e 16 de novembro de 2019 nos puntos acordados que se anunciarán debidamente.

GARDARROUPA

  • A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas.

[Acceso ao Regulamento completo la XLIII edición]

  • Añadir a la guía de conversación
    • No hay listas de palabras para Español -> Español…
    • Crear una nueva lista de palabras…
  • Copiar