Resolución sobre a compensación de cotas e reapertura da atención administrativa

Informe-proposta para compensación ou devolución de cotas de aboados do Consello Municipal no período de suspensión de actividade/peche de instalacións derivado do COVID-19.

[Acceder á resolución completa]

Extracto dás conclusións:

O Consello Municipal de Deportes, ofrece a opción ás persoas que efectuaron algún pagamento por servizos/usos non desfrutados á recuperación do período aboado, con inicio na apertura de instalacións ou prestacións de servizos, unha vez levantadas as limitacións derivadas da crise sanitaria, e cunha duración igual ao período aboado, como norma xeral.

O Consello Municipal de Deportes, por solicitude do usuario, ofrecerá a opción de devolución do prezo público, polo período ou servizo aboado e non desfrutado, a través dos formularios que se habilitarán a tal efecto, unha vez se produza a apertura de instalacións ou o reinicio da prestacións de servizos.

Atención ao público

Desde o luns día 01.06.2020 iníciase a atención administrativa presencial e o rexistro en horario de 10:00 a 14:00, sempre con cita previa a través do teléfono 988370539 ou no correo info@deportesourense.com. As citas se recóllense dende hoxe mesmo e comenzarán o día 1.