Resolución subvencións 2015 – liña 3

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, en reunión celebrada o día 22 de outubro de 2015 acordou, entre outros temas, a concesión de subvencións de concurrencia competitiva a clubs e entidades deportivas para o ano 2015. Os interesados poden consultar o acordo no apartado de subvencións ou aquí.

De acordo co establecido nas bases: “Toda publicación / notificación, sexa individual ou colectiva, a que faga referencia estas bases realizarase mediante publicación na localización web e taboleiro de anuncios do CMD. A publicación substituirá á notificación persoal e surtirá os mesmos efectos, segundo a Lei 30/1992.Os beneficiarios terán un prazo de 10 días, desde a notificación da resolución definitiva, para aceptar ou rexeitar a subvención, de non producirse manifestación expresa entenderase aceptada tacitamente. Contra a resolución, que pon fin ao procedemento administrativo, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Consello Reitor do CMD no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, sen prexuízo da interposición de calquera outro que se estime conveniente.”