V BTT Cidade de Ourense

Organizada polo Clube Ciclista Dúas Rodas de Ourense, o 12 de xuño celébrase a quinta edición da marcha ciclista en bicicleta de montaña BTT CIDADE DE OURENSE.

En colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, Deputación Provincial de Ourense, Deporte Galego da Xunta de Galicia e Federación Galega de Ciclismo, presentamos unha ruta con dúas distancias, unha de 35 km (popular) e outra de 60 kms e dificultade media/alta. O acumulado é de 750 e 1200 m + respectivamente. Saida ás 9,30 das piscinas de Oira. O ruta percorrerá os concellos de Ourense, Coles e Amoeiro.

Por 5€ os federados e 10€ os non federados, teredes un avituallamiento sólido e líquido (2 para os participantes na ruta longa), duchas, lavado de bicis e un detalle da proba. Os primeiros clasificados nas categorías de ruta longa, ruta curta, fémina ruta longa e grupo máis numeroso levarán un trofeo e un detalle por parte dos colaboradores da marcha.

Disfrutaredes dos sendeiros e paisaxes dos arredores de Ourense ademais de disfrutar do que vos gusta, a btt.

Animamos a tódolos ciclistas a participar nesta marcha e lembrade facer un uso responsable da bicicleta, un comportamente digno cos demais participantes e seguir as indicacións dos membros da organización.

Nº Participantes: 200

Idade: entre 16 e 100 anos