Presentación da XXXVII Carreira Pedestre Popular do San Martiño 2013

No salón de Plenos do Concello de Ourense presentouse a XXXVII edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño 2013. O acto foi presentado polo Alcalde de Ourense e os aspectos técnicos foron explicados pola Coordinadora Deportiva e polo Xerente do Consello Municipal de Deportes. Tamén asistiron os colaboradores principales da carreira, como son: La Caixa, Begano (Coca Cola), Grupo La Región-Telemiño, Turini e Pérez Rumbao. O Alcalde destacou a importancia que ten esta proba deportiva para a cidade e a Coordinadora Deportiva anotou as principales novidades como por exemplo a carreira dos cativos e a recollida de dorsais, ademáis agradeceu de antemán a Policia Local, Cruz Vermella, Protección Civil, Club Atletismo Ourense, Club Halterofilia Pavillón, Asociación Deportiva Gimnasio Dinamic Center, Oficina de Voluntariado e ós colexios a súa colaboración na proba. Pola súa banda o Xerente presentou a II Feira do corredor, na que se espera contar con empresas que presenten as novidades relacionadas co mundo do running e animou a que participen e den colorido á proba as empresas interesadas, colocando un stand ou colaborando con agasallos de productos da súa marca o día da carreira.

Pode acceder á información propia da carreira a través deste enlace: máis información da carreira