II Miño Radikal 2016

O vindeiro día 13 de marzo celebrarase a II Miño Radikal nas beiras do río Miño, con saída e meta no Parque da Ponte (entre a pasarela do Centro Comercial Ponte Vella e a Ponte Romana).

II Miño Radikal – Carreira de adultos


Saída e meta

Percorrido circular con obstáculos de 12.700 m. con saída e meta no Parque da Ponte (Ponte Romana ) ata a Pasarela de Outariz e volta ata a Pasarela de Oira para chegar de novo á meta.

Participantes

Maiores de 18 anos cumplidos antes do día da proba.
O sistema de saída será por tandas e a clasificación será por tempo neto. No momento de facer a inscrición cadaquén escollerá a tanda na que desexa participar

Inscrición

As inscricións realizaranse aquí

O prezo de inscrición é de 7 euros. Haberá que engadir 2 euros polo aluguer do chip, se non o tes en propiedade.

Prazos de inscrición e recollida de distintivos e chips

  • Do 15/02/16 ao 1/03/16 para recollida anticipada (10, 11 e 12 de marzo, no punto de recollida seleccionado)
  • Do 15/02/2016 ao 8/03/2016 para recollida presencial (12 de marzo, no Pavillón dos Remedios, de 10:00 a 20:00 horas)

Non se entregarán distintivos nin chips na carreira. É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes. É obligatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal á vista.

Mini Miño Radikal
(Carreira Gratuíta)


Saída e meta

Saída e meta no Parque da Ponte (entre a pasarela do Centro Comercial Ponte Vella e a Ponte Romana).

A carreira terá obstáculos e será estrictamente participativa, por tanto, non haberá clasificación nin correrán con chip pero será obligatorio inscribirse e recoller o distintivo para participar.

Participantes

Para todos os nenos e nenas ou xoves nados entre os anos 2009 e 1998 que non teñan cumplidos os 18 anos

Establécense dúas tandas:
Tanda 1 – 11:00 horas (Nados entre 2005 e 2009)
Percorrido: 1 volta entre Ponte Romana e pasarela do Centro Comercial Ponte Vella. 1.300 m.
Tanda 2 – 11:15 horas (Nados entre 1998 e 2004)
Percorrido: 1 volta entre Ponte Romana e Pasarela de Oira. 3.500 m.

A Organización coordinará o acompañamento dos menores por persoas responsables pero outros adultos non poderán entorpecer aos pequenos meténdose con eles polos obstáculos.

O avituallamento estará situado na meta.

Inscrición

As inscricións realizaranse aquí