Rexistro de entidades deportivas

Estar dado de alta no rexistro de asociacións e entidades deportivas é imprescindible para poder acceder á convocatoria de subvencións deportivas que todos os anos se convocan.

Para proceder a darse de alta en este rexistro, deberá cubrir o Anexo I (descargar aquí) e presentar toda a documentación requerida na normativa.

Poderán inscribirse no Rexistro de Asociacións as entidades que desenvolvan uns fines comúns encamiñados á promoción, información, formación e integración deportiva da sociedade ourensá.

A inscrición no rexistro iniciase mediante a presentación no Rexistro do Consello Municipal de Deportes da solicitude e da documentación pertinente pola asociación interesada a través do seu representante.

A solicitude da inscrición irá dirixida ó presidente do Concello Municipal de Deportes firmada polo representante da asociación, debendo acompañar a seguinte documentación:

  1. Copia da acta de constitución ou fundacional con firmas orixinais dos promotores (tres exemplares)
  2. Copia dos estatutos rectores da asociación firmados ó menos por dous promotores en todas as suas follas (tres exemplares) no que deberán constar como mínimo os seguintes datos:
    • Denominación da entidade que non poderán ser idéntica ás de outras asociacións xa rexistradas, ni tan semellante que poida inducir error. En caso contrario denegarase a acreditación mediante resolución motivada
    • Fins determinados que se propoñen e actividades que desenvolverá
    • Domicilio social principal, e de ser o caso, outros locais da asociación
    • Ámbito territorial de actuación
    • Órganos de goberno e administración
    • Procedemento de admisión e perda da condición de socio nas suas diversas categorías
    • Deberes e dereitos dos asociados
    • Sistema de elección dos cargos representativos e de goberno que deberá garantir a súa provisión mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto dos asociados
    • Patrimonio fundacional, recursos económicos previstos e límites do orzamento anual
    • Destino que terá ó patrimonio social de ser o caso de disolución
    • Réxime documental da asociación que comprenderá como mínimo o Libro de Rexistro de Socios, os de Actas e Contabilidade
    • Causas de extinción e de ser o caso, destino, que debe darse ó seu patrimonio
  3. Relación nominal das persoas que ocupan cargos directivos co seu domicilio e DNI
  4. CIF da asociación
  5. Número de inscrición no Rexistro Xeneral de Asociacións e noutros rexistros públicos
  6. Domicilio social
  7. Orzamento do ano en curso
  8. Programa de actividades do ano en curso
  9. Certificado do numero de socios
  10. Ficha de terceiros
  11. Tres libros: Libro de actas, libro de socios e libro de contas

No prazo de quince días desde a solicitude de inscrición e, salvo que esta houbera de interromperse pola necesidade de aportar documentación non incluída inicialmente, o Consello Municipal de Deportes notificará á asociación o seu número de inscrición e a partir de ese momento considerarase de alta a tódolos efectos.

As asociacións inscritas deberán remitir anualmente ó Concello Municipal de Deportes, unha memoria da actividade realizada durante o ano anterior. Nelas, describiranse os medios e fontes de financiamento propios ou externos, ase como se reciben subvenciones doutras entidades públicas ou privadas. Ademais e dentro dese mesmo prazo, presentarase o programa de actividades que se desenvolverá no ano en curso.

O incumprimento das obrigacións sinaladas neste regulamento dará lugar a que o Consello Municipal de Deportes poida dar de baixa á asociación no rexistro.

A inscrición no Rexistro de asociacións, terá carácter voluntario e gratuíto.

Datos da entidade solicitante
  1. Instruccións para cumplimentar a solicitude
  2. (obrigatorio)
  3. (obrigatorio)
  4. (obrigatorio)
  5. (obrigatorio)
  6. (obrigatorio)
  7. (obrigatorio)
  8. (obrigatorio)
  9. (obrigatorio)
  10. (obrigatorio un enderezo válido)
Inscrición Rexistro Xeneral de Asociacións
  1. (obrigatorio)
  2. (obrigatorio)
  3. Datos do presidente da asociación
  4. (obrigatorio)
  5. (obrigatorio)
  6. (obrigatorio)
  7. (obrigatorio)
  8. (obrigatorio)
  9. (obrigatorio un enderezo válido)
Outras persoas que ocupan cargos directivos
  1. Nome e apelidos, DNI, enderezo e cargo de cada un deles
  2. (obrigatorio)
Documentación
  1. Documentos necesarios, comprimidos nun arquivo .zip, tamaño máximo 5MB
 

cforms contact form by delicious:days