Subvencións a colectivos

O Consello Municipal de Deportes de Ourense ten entre os seus obxectivos a promoción e o fomento da Educación Física e o Deporte, especialmente o deporte base e feminino, de acordo cos seus estatutos e a lexislación de réxime local e deportiva. Así mesmo o Consello Municipal de Deportes é competente para aprobar Bases reguladoras de subvencións en materia deportiva.

Para obter máis información véxanse os documento “Bases” e “Anexos e formularios” que se atopa ao final desta páxina. As Bases reguladoras foron publicadas no BOP nº 116 de 23/5/2017

Terán a condición de destinatarios:

  • As federacións deportivas.
  • Clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritas no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais.

Quedan expresamente excluídos:

  • Todos aqueles que teñan cantidades pendentes de reintegro procedentes de subvencións anteriores.
  • As entidades debedoras do CMD ou do Concello de Ourense
  • En xeral todos aqueles incursos en causas das previstas na Lei 38/2003 de 13 de novembro xeral de subvencións (art. 13) e a Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia (art. 10) ou normativa que as substitúa.
  • As actividades en idade escolar subvencionadas polos órganos competentes da Xunta de Galicia ou outras Entidades Públicas.
  • As entidades sancionadas en firme por infracción moi grave por órganos de xustiza deportiva.
  • As axudas as entidades que conten con partida nominativa no orzamento do Consello Municipal de Deportes, quedan excluidas na liña 2.

Distínguense duas liñas de financiamento:

  1. Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre 1 de novembro do ano precedente e o 31 de outubro de cada exercicio orzamentario.
  2. Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, na tempada 2016/2017

As solicitudes presentaranse nas oficinas do CMD e o prazo de presentación será:

  • Liña de actuación 1.a: Ata o 31 de outubro.
  • Liña de actuación 2.a: 30 días naturais dende a publicación da convocatoria no BOP. – Data máxima de solicitude: 23/6/2017

  1. Solicitude individualizada asinada polo peticionario ou, no caso de persoas xurídicas, polo representante legal debidamente acreditado, con indicación de enderezo electrónico e postal, número telefónico e fax, para os efectos de notificacións e comunicacións (anexo I)
  2. Fotocopia do código de identificación fiscal (CIF) no caso de persoas xurídicas e o número de identificación fiscal (NIF) no suposto de persoas físicas.
  3. Inscrición no Rexistro de asociacións municipais e nos rexistros oficiais segundo a natureza da actividade a subvencionar, indicándose, no caso de persoas xurídicas, os estatutos que rexen a entidade así como certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social.
  4. Os datos bancarios da conta á que se poderá transferir o importe da subvención na folla de terceiros que se facilitará na Administración do CMD.
  5. Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario (anexo II)
  6. Declaración responsable de non ser debedor á facenda estatal, autonómica e local, nin á Seguridade Social (anexo III), autorizando o CMD para pedir os certificados correspondentes ante a Axencia Estatal de Facenda e o Concello de Ourense si fora preciso.
  7. Orzamento de ingresos e gastos da actividade, con expresión do financiamento previsto (anexo IV) e liquidación do orzamento da tempada ou exercicio económico anterior. O orzamento deberá de vir equilibrado, ingresos=gastos.
  8. Compromiso firme de comunicar ao CMD a concesión de calquera outra axuda ou subvención, de entes públicos ou privados, para a mesma finalidade, tan pronto a coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación outorgada.
  9. Autorización para recibir notificacións e resolucións por correo electrónico na conta facilitada no anexo I. De non presentar enderezo electrónico, non se lle comunicará de xeito individual a dita entidade, publicitándose a información na páxina web, apartado de subvencións, do Consello Municipal de Deportes (www.deportesourense.com), nos taboleiros do CMD ou no BOP de ser o caso.

  1. Se se solicita subvención acorde coa liña 1:
    • Memoria onde se indique de forma separada os seguintes extremos:
      • Interese xeral da actividade no ámbito municipal
      • Número de beneficiarios, directos ou indirectos
      • Modalidade feminina, de ser o caso
      • Participación de categorías bases
      • Formación e divulgación deportiva
      • Volume de subvencións concedidas á actividade para a mesma finalidade.
      • Ambito territorial dos participantes.
      • Presentación, se fora o caso dos permisos correspondentes aos seguros de RC, accidentes e outros obrigatorios para a clebración do evento ou compromiso de presentalos antes da celebración do evento subvencionado.
  2. De solicitar subvención da liña 2:
    • Certificado da Federación Deportiva correspondente na que expresamente se indique:
      • Número de equipos e categoría e ámbito territorial da competición.
      • Número de licenzas federativas durante a tempada obxecto da subvención por equipo no que se indique cales pertencen á categoría feminina. No caso de que a tempada coincida coa anualidade, xuntarase tamén o número de licenzas tramitadas na tempada anterior.
      • Número de técnicos e persoal auxiliar adscrito con licenza federativa para a tempada obxecto da subvención.
    • Declaración responsable
      • Na que se indique o número de técnicos e persoal auxiliar con alta federativa e titulación con valor académico oficial segundo modelo do anexo V. Copia do contrato laboral, de ser o caso, dos técnicos da entidade que teñan como mínimo estipulado no seu contrato 10 ou mais horas semanais e 6 meses ou mais de duración durante o periodo obxecto de subvención.
      • Na que se indique a previsión de desprazamento e días de aloxamento segundo modelo do anexo V.
    • Calendario oficial de competición
    • Memoria na que se indique de forma separada os seguintes extremos:
      • Media de participantes por cada actividade de promoción, formación e divulgativas ou escolas deportivas. Certificado do centro educativo.
      • Importe dos investimento para mellora, mantemento e xestión de instalacións municipais, de ser o caso.
      • Memoria cos obxectivos da entidade.
      • Informe da traballadora social de referencia, de ser o caso.
      • Outros datos de carácter social e deportivo do club.

Alta Calidad - Concellería de Deportes (v)_opt

Alta Calidad - Consello Municipal de Deportes_opt