- Subvencións
- Destinatarios
- Liñas
- Presentación solicitudes e Prazos
- Doc. preceptiva
- Doc. valoración
- Logotipos
O Consello Municipal de Deportes de Ourense ten entre os seus obxectivos a promoción e o fomento da Educación Física e o Deporte, especialmente o deporte base e feminino, de acordo cos seus estatutos e a lexislación de réxime local e deportiva. Así mesmo o Consello Municipal de Deportes é competente para aprobar Bases reguladoras de subvencións en materia deportiva.
Para obter máis información véxanse os documento “Bases” e “Anexos e formularios” que se atopa ao final desta páxina. As Bases reguladoras foron publicadas no BOP nº 103 de 7/5/2018 Tamén se recollerán en esta páxina os arquivos correspondentes o estado das solicitudes tanto da liña 1 como da liña 2.
Terán a condición de destinatarios:
- As federacións deportivas.
- Clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritas no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais.
Quedan expresamente excluídos:
- Todos aqueles que teñan cantidades pendentes de reintegro procedentes de subvencións anteriores.
- As entidades debedoras do CMD ou do Concello de Ourense
- En xeral todos aqueles incursos en causas das previstas na Lei 38/2003 de 13 de novembro xeral de subvencións (art. 13) e a Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia (art. 10) ou normativa que as substitúa.
- As actividades en idade escolar subvencionadas polos órganos competentes da Xunta de Galicia ou outras Entidades Públicas.
- As entidades sancionadas en firme por infracción moi grave por órganos de xustiza deportiva.
- As axudas as entidades que conten con partida nominativa no orzamento do Consello Municipal de Deportes, quedan excluidas na liña 2.
Distínguense duas liñas de financiamento:
- Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre 1 de novembro do ano precedente e o 31 de outubro de cada exercicio orzamentario.
- Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, na tempada 2017/2018
As solicitudes, xunto coa documentación adxunta, dirixiranse ao Sr. Presidente do Consello Municipal de Deportes, presentándoas obrigatoriamente de forma TELEMÁTICA e conforme aos modelos ou anexos recollidos nestas bases, e realizaranse exclusivamente a través da sede electrónica do Consello Municipal de Deportes e na seguinte dirección: (https://deportesourense.sedelectronica.gal), de acordo co previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Conforme a dito artigo, todos os trámites relativos a este procedemento realizaranse por medios electrónicos a través da sede electrónica do CMD.
As solicitudes e demais modelos da convocatoria tamén poderán descargarse da páxina web: www.deportesourense.com
A presentación da solicitude implicará que se autoriza ao Consello Municipal de Deportes ao tratamento automatizado de todos os datos contidos nela.
- Liña de actuación 1.a: Ata o 31 de outubro.
- Liña de actuación 2.a: 30 días naturais dende a publicación da convocatoria no BOP. – Data máxima de solicitude da liña 2: 6/6/2018
- Solicitude individualizada asinada polo peticionario ou, no caso de persoas xurídicas, polo representante legal debidamente acreditado, con indicación de enderezo electrónico e postal, número telefónico e fax, para os efectos de notificacións e comunicacións (anexo I)
- Fotocopia do código de identificación fiscal (CIF) no caso de persoas xurídicas e o número de identificación fiscal (NIF) no suposto de persoas físicas.
- Inscrición no Rexistro de asociacións municipais e nos rexistros oficiais segundo a natureza da actividade a subvencionar, indicándose, no caso de persoas xurídicas, os estatutos que rexen a entidade así como certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social.
- Os datos bancarios da conta á que se poderá transferir o importe da subvención na folla de terceiros que se facilitará na Administración do CMD.
- Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario (anexo II)
- Declaración responsable de non ser debedor á facenda estatal, autonómica e local, nin á Seguridade Social (anexo III), autorizando o CMD para pedir os certificados correspondentes ante a Axencia Estatal de Facenda e o Concello de Ourense si fora preciso.
- Orzamento de ingresos e gastos da actividade, con expresión do financiamento previsto (anexo IV) e liquidación do orzamento da tempada ou exercicio económico anterior. O orzamento deberá de vir equilibrado, ingresos=gastos.
- Compromiso firme de comunicar ao CMD a concesión de calquera outra axuda ou subvención, de entes públicos ou privados, para a mesma finalidade, tan pronto a coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación outorgada.
- Autorización para recibir notificacións e resolucións por correo electrónico na conta facilitada no anexo I. De non presentar enderezo electrónico, non se lle comunicará de xeito individual a dita entidade, publicitándose a información na páxina web, apartado de subvencións, do Consello Municipal de Deportes (www.deportesourense.com), nos taboleiros do CMD ou no BOP de ser o caso.
- Se se solicita subvención acorde coa liña 1:
- Memoria onde se indique de forma separada os seguintes extremos:
- Interese xeral da actividade no ámbito municipal
- Número de beneficiarios, directos ou indirectos
- Modalidade feminina, de ser o caso
- Participación de categorías bases
- Formación e divulgación deportiva
- Volume de subvencións concedidas á actividade para a mesma finalidade.
- Ambito territorial dos participantes.
- Presentación, se fora o caso dos permisos correspondentes aos seguros de RC, accidentes e outros obrigatorios para a clebración do evento ou compromiso de presentalos antes da celebración do evento subvencionado.
- Memoria onde se indique de forma separada os seguintes extremos:
- De solicitar subvención da liña 2:
- Certificado da Federación Deportiva correspondente na que expresamente se indique:
- Número de equipos e categoría e ámbito territorial da competición.
- Número de licenzas federativas durante a tempada obxecto da subvención por equipo no que se indique cales pertencen á categoría feminina. No caso de que a tempada coincida coa anualidade, xuntarase tamén o número de licenzas tramitadas na tempada anterior.
- Número de técnicos e persoal auxiliar adscrito con licenza federativa para a tempada obxecto da subvención.
- Declaración responsable
- Na que se indique o número de técnicos e persoal auxiliar con alta federativa e titulación con valor académico oficial segundo modelo do anexo V. Copia do contrato laboral, de ser o caso, dos técnicos da entidade que teñan como mínimo estipulado no seu contrato 10 ou mais horas semanais e 6 meses ou mais de duración durante o periodo obxecto de subvención.
- Na que se indique a previsión de desprazamento e días de aloxamento segundo modelo do anexo V.
- Calendario oficial de competición
- Memoria na que se indique de forma separada os seguintes extremos:
- Media de participantes por cada actividade de promoción, formación e divulgativas ou escolas deportivas. Certificado do centro educativo.
- Importe dos investimento para mellora, mantemento e xestión de instalacións municipais, de ser o caso.
- Memoria cos obxectivos da entidade.
- Informe da traballadora social de referencia, de ser o caso.
- Outros datos de carácter social e deportivo do club.
- Certificado da Federación Deportiva correspondente na que expresamente se indique: