Subvencións a colectivos

O Consello Municipal de Deportes de Ourense ten entre os seus obxectivos a promoción e o fomento da Educación Física e o Deporte, especialmente o deporte base e feminino, de acordo cos seus estatutos e a lexislación de réxime local e deportiva. Así mesmo o Consello Municipal de Deportes é competente para aprobar Bases reguladoras de subvencións en materia deportiva.

Para obter máis información véxanse os documento “Bases” e “Anexos e formularios” que se atopa ao final desta páxina. As Bases reguladoras foron publicadas no BOP nº 78 de data 5/4/2019 Tamén se recollerán en esta páxina os arquivos correspondentes o estado das solicitudes tanto da liña 1 como da liña 2.

Terán a condición de destinatarios:

  • As federacións deportivas.
  • Clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritas no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais.

Quedan expresamente excluídos:

  • Todos aqueles que teñan cantidades pendentes de reintegro procedentes de subvencións anteriores.
  • As entidades debedoras do CMD ou do Concello de Ourense
  • En xeral todos aqueles incursos en causas das previstas na Lei 38/2003 de 13 de novembro xeral de subvencións (art. 13) e a Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia (art. 10) ou normativa que as substitúa.
  • As actividades en idade escolar subvencionadas polos órganos competentes da Xunta de Galicia ou outras Entidades Públicas.
  • As entidades sancionadas en firme por infracción moi grave por órganos de xustiza deportiva.
  • As axudas as entidades que conten con partida nominativa no orzamento do Consello Municipal de Deportes, quedan excluidas na liña 2.

Distínguense duas liñas de financiamento:

  1. Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre 1 de novembro do ano precedente e o 31 de outubro de cada exercicio orzamentario.
  2. Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, na tempada 2018/2019

As solicitudes, xunto coa documentación adxunta, dirixiranse ao Sr. Presidente do Consello Municipal de Deportes, presentándoas obrigatoriamente de forma TELEMÁTICA e conforme aos modelos ou anexos recollidos nestas bases, e realizaranse exclusivamente a través da sede electrónica do Consello Municipal de Deportes e na seguinte dirección: (https://deportesourense.sedelectronica.gal), de acordo co previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Conforme a dito artigo, todos os trámites relativos a este procedemento realizaranse por medios electrónicos a través da sede electrónica do CMD.

As solicitudes e demais modelos da convocatoria tamén poderán descargarse da páxina web: www.deportesourense.com

A presentación da solicitude implicará que se autoriza ao Consello Municipal de Deportes ao tratamento automatizado de todos os datos contidos nela.

  • Liña de actuación 1.a: Ata o 31 de outubro.
  • Liña de actuación 2.a: 30 días naturais dende a publicación da convocatoria no BOP. – Data máxima de solicitude da liña 2:    9 DE MAIO DE 2019 HASTA AS 24:00

Documentación preceptiva:

a) Solicitude individualizada asinada polo/la peticionario/a ou, no caso de persoas xurídicas, polo/a representante legal debidamente acreditado/a, con indicación de dirección electrónica e postal, número telefónico e fax, aos efectos de notificacións e comunicacións (anexo I).

b) Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a (anexo II).

c) Declaración responsable de non ser debedor/a a facenda estatal, autonómica e local, e á Seguridade Social (anexo III), autorizando ao CMD a pedir os certificados correspondentes ante o Concello de Ourense si fose preciso.

d) Orzamento de ingresos e gastos da actividade, con expresión do financiamento previsto (anexo IV). O orzamento inicial deberá de vir equilibrado (ingresos = gastos), e coincidir o importe imputado ó CMD, coa solicitude do Anexo I.

e) Compromiso firme de comunicarlle ao CMD a concesión de calquera outra axuda ou subvención, de entes públicos ou persoais, para a mesma finalidade, axiña que a coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación outorgada. (Anexo II).

f) Autorización para recibir avisos de notificacións por correo electrónico na conta facilitada no anexo III. De non presentar dirección electrónica, non se lle comunicará de xeito individual á devandita entidade, publicitándose a información na páxina web, apartado de subvencións, do Consello Municipal de Deportes (http://www.deportesourense.com), e no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica do Consello Municipal de Deportes ( https://deportesourense.sedelectronica.gal).

g) Memoria onde se indique de forma separada os seguintes extremos:

Liña 1. Memoria a presentar para solicitude da Liña 1. 1. Obxectivos que se pretender conseguir e interese xeral da actividade no ámbito municipal. 2. Número de beneficiarios, directos e indirectos (estimación vía RRSS, prensa, etc.) 3. Modalidade feminina, de ser o caso. 4. Participación de categorías bases. 5. Formación e divulgación deportiva. 6. Volume de subvencións concedidas á actividade para a mesma finalidade. 7. Ámbito territorial dos participantes. 8. Presentación, se fose o caso, dos permisos correspondentes aos seguros de responsabilidade civil, accidentes e outros permisos obrigatorios para a organización do evento, ou compromiso de presentalos antes da organización do evento subvencionado. 9. Mostra da visualización do Consello Municipal de Deportes en todos os soportes utilizados, RRSS, Cartelaría, prensa.

Liña 2. Memoria a presentar para solicitude da Liña 2. 1. Obxectivos do club. 2. Actividades/secciones. Organigrama deportivo. 3. Organigrama, funcións dos distintos membros da Xunta Directiva. 4. Outras actividades e proxectos de interese. h) Certificado da Federación Deportiva correspondente na que expresamente se indique: 1. Número de equipos, categoría e ámbito territorial da competición. De non figurar o ámbito territorial da licenza considerarase categoría provincial. 2. Número de licenzas federativas durante a tempada obxecto da subvención por equipo no que se indique a categoría e cales pertencen á categoría feminina, especificando o ámbito territorial da competición (provincial, autonómico ou nacional). De non figurar o territorio da competición considerarase categoría provincial. No caso de que a tempada coincida coa anualidade, xuntarase tamén o número de licenzas tramitadas na tempada anterior. 3. Número de técnicos con licenza federativa para a tempada obxecto da subvención e nivel ou categoría destes. 4. Calendario oficial de competición, facendo só referencia ás competicións nas que participaron equipo/s ou participantes, participan ou disputarán, do club que efectúa a solicitude.

 Documentación para a valoración: Esta documentación non é preceptiva para a participación na convocatoria.

a) Copia do contrato laboral, de ser o caso, dos técnicos da entidade que teñan como mínimo estipulado no seu contrato 10 ou máis horas semanais e 6 meses ou máis de duración durante o período obxecto de subvención.

b) Declaración responsable na que se indique a previsión de desprazamentos e días de aloxamento, segundo o modelo do anexo V, axustándose estritamente aos requisitos da Base 7ª, Liña 2, punto e) das presentes bases.

c) Certificado do/a secretario/a do Centro Educativo de Primaria/Secundaria, co visto bo do director, especificando o número de participantes, data de comezo e final da escola, lugar e horario da actividade. De non figurar algún destes datos, este apartado non será tido en conta.

d) Informe do/a traballador/a social de referencia, acreditando estar nun programa de incorporación socio-laboral, e que a renda per cápita da unidade de convivencia non supere os límites establecidos na Ordenanza Reguladora de Axudas Económicas Municipais para a atención de necesidades sociais (BOP 30/9/2015) acompañado da declaración responsable do pai/nai ou titores de non satisfacer ingresos ao club e certificado federativo da licenza federativa do deportista: ▪ Familia de 1 membro: 75% do SMI. ▪ Familia de 2 membros : 85% do SMI. ▪ Familia de 3 membros : 95% do SMI. ▪ Familia de 4 membros : 105% do SMI. ▪ Incrementándose un 10% do SMI por cada membro máis da unidade familiar.

e) Actividades de promoción: Media de participantes por cada actividade de promoción, xornadas de: portas abertas, formación e divulgativas ou escolas deportivas, e se son de carácter gratuíto. Non se valorarán de non figurar o número de participantes, data e instalación onde se efectuou.

f) Informe coas tarefas de mantemento asumidas/equipamento deportivo non funxible adquiridos. Mantemento básico das instalacións (acreditadas con factura máis informe), facturas de equipamento a nome/CIF do ente solicitante. Apertura/peche das instalacións.

g) Proxecto ou Plan de integración e certificado federativo das persoas con discapacidade no Club, da pertinente federación de deportes adaptados, describindo o seu encaixe na estrutura deportiva e asignación de medios humanos e materiais para a súa atención.

h) Certificado da Coordinación deportiva do CMD no que figure, evento por evento organizado polo Consello Municipal de Deportes, no que colaborou o club e número de colaboradores aportado.

i) Contrato/convenio de uso/aluguer de instalacións deportivas non municipais e facturas derivadas deste contrato, segundo as condicións esixidas na Base 7ª, Liña 2 punto i.

Alta Calidad - Concellería de Deportes (v)_opt

Alta Calidad - Consello Municipal de Deportes_opt

 Proposta_de_resolución_2018