Aprobado o regulamento da X “Correndo por Ourense”

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes aproba o regulamento da X edición do circuito de carreiras populares “Correndo por Ourense”

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o X Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense

  • As seis carreiras previstas  (no Vinteún, O Couto, Centro, Zona Universitaria, A Ponte e A Carballeira) pertencen ao calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense)
  • As inscricións realizaranse na páxina web carreirasgalegas.com facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición, o que dará dereito á cobertura dos seguros de RC e de accidentes. O prazo para inscribirse comeza o día 14 de marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba
  • O concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede, recalca que coa aprobación deste regulamento “imos recuperando pouco a pouco a normalidade deportiva na nosa cidade tralos paróns obrigados pola pandemia, cun circuito de carreiras populares que cada ano ten máis participantes e que se reforza en cada edición”

Correndo por Ourense . Consello Municipal de Deportes de Ourense

Ourense, 10 de marzo de 2022.-

Na reunión de hoxe do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes foi aprobado o regulamento da X edición do circuito de carreiras populares “Correndo por Ourense. Consolídase así un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense, que é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.

Así, O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o X Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

O Circuíto “Correndo por Ourense 2022” está integrado por 6 carreiras:

NÚM. DATA NOME
DOMINGO  03/04/2022 CARREIRA DO VINTEÚN
SÁBADO  28/05/2022 CARREIRA DO COUTO (nocturna)
SÁBADO 11/06/2022 CARREIRA DO CENTRO (nocturna)
DOMINGO 04/09/2022 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
DOMINGO  25/09/2022 CARREIRA DA PONTE
DOMINGO  23/10/2022 CARREIRA DA CARBALLEIRA

Estas seis carreiras previstas  (no Vinteún, O Couto, Centro, Zona Universitaria, A Ponte e A Carballeira) pertencen ao calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).

O concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede, recalca que coa aprobación deste regulamento “imos recuperando pouco a pouco a normalidade deportiva na nosa cidade tralos paróns obrigados pola pandemia, cun circuito de carreiras populares que cada ano ten máis participantes e que se reforza en cada edición”

As inscricións realizaranse na páxina web carreirasgalegas.com facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición, o que dará dereito á cobertura dos seguros de RC e de accidentes. O prazo para inscribirse comeza o día 14 de marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba. Para entrar na clasificación xeral será preciso que os atletas participen en 5 carreiras. No caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

No que atinxe aos participantes, as categorías son as seguintes:

CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO
PITUFOS Nados/as en 2015 e posteriores
SUB10 Nados/as en 2013 e 2014
SUB12 Nados/as en 2011 e 2012
SUB14 Nados/as en 2009 e 2010
SUB16 Nados/as en 2007 e 2008
SUB18 Nados/as en 2005 e 2006
SUB20 Nados/as en 2003 e 2004
SUB23 Nados/as en 2000, 2001 e 2002
SENIOR Nados/as en 1999 ata máster
MÁSTER A De 35 a 44 anos
MÁSTER B De 45 a 54 anos
MÁSTER C De 55 a 64 anos
MÁSTER D Maiores de 65
ABSOLUTA

No que atinxe á clasificación e premios, apuntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na clasificación (diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que teñan menos puntos serán os/as primeiros/as clasificados/as.

Todos/as os/as que estean na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán un agasallo e os/as tres primeiros/as de cada categoría recibirán un trofeo.

  1. Clasificación Xeral Individual: masculina e feminina.
    • 1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 300€ en material deportivo.
    • 2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo.
    • 3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.

O evento cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.

 

dasDOMINGO
dasDIMANCHE
Guardar
CONTINUAR
view saved words →
No traducir con doble clic

No mostrar el botón flotante

Upgrade to Pro to unlock more features

No hay conexión a internet
  • Añadir al glosario de frases
    • No hay listas de palabras para French → Spanish…
    • Crea una nueva lista de palabras
  • Copiar