O Concello apraza a apertura do pavillón ata o mércores 20

A demora na recepción das obras motiva o aprazamento de unha semana a apertura do pavillón dos Remedios

  • A Xunta de Galicia, promotora das obras de remodelación integral, comunicoulle ao alcalde que non pode certificar a recepción por problemas de persoal.
  • As oficinas de atención ao público seguirán operativas, e xa renovan abonos desde este luns.

Ourense, 12 de xaneiro de 2021

O Pavillón dos Remedios atrasa unha semana a súa inauguración -inicialmente prevista para mañá mércores, 13 de xaneiro-, xa que a Xunta, promotora das obras de remodelación integral, non pode certificar a recepción prevista. Fontes autonómicas comunicáronlle ao alcalde que se trata dun problema de persoal, a baixa dun arquitecto, o que impide este último trámite técnico-burocrático até o vindeiro luns, 18 de xaneiro.

A apertura ao público fíxase, daquela, para o mércores 20.

En calquera caso, as oficinas de atención ao público seguirán operativas, e xa renovan abonos desde este luns.