ADIANTO NO PECHE DAS PISCINAS DE OIRA (03.09.2020)

En aplicación das indicacións da “ORDE do 2 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Ourense” e ante o risco de confluencia simultánea de máis de 100 persoas no recinto interior das piscinas ao aire libre de Oira, o Consello Municipal de Deportes decide adiantar o peche destas instalacións estivais ás 15:30 do día de hoxe, 03.09.2020.