Aprobadas as bases para participar na Feira do corredor do San Martiño 2013

A FEIRA DO CORREDOR DA SAN MARTIÑO 2013

 A Feira do corredor vai a ser o espazo onde terán que pasar os corredores para recoller o seu dorsal e ao mesmo tempo desfrutar de novidades expostas nos stands de material deportivo, probas analíticas e biomecánicas, ou alimentación e bebidas para os corredores.

Queremos contar con stands de entidades patrocinadoras e colaboradoras especializadas no mundo do running, degustacións de bebidas, mostras de produtos, zona de merchandising, mostras audiovisuais e gráficas, para o cal animamos ás empresas para a súa participación, xa que consideramos que é unha boa oportunidade de expoñer os seus produtos nun evento que move unha gran cantidade de xente. Tamén pretendemos contar con proxeccións con vídeos de carreiras, sorpresas, regalos especiais, visita de personalidades e atletas coñecidos, para que sexa un lugar de disfrute e encontro entre os participantes da carreira do San Martiño 2013.

Aqueles que estén interesados en participar na feira do corredor: Empresas, entidades e asociacións, que desexen expoñer os seus produtos relacionados co atletismo deben anotarse a partir do 18 de Outubro ata o día 5 de novembro enchendo o formulario que figura nas bases aprobadas polo Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes e que se pode descargar no presente artigo.